Educación Física
CHARLA E SURFING NA PRAIA DE ABRELA
Enviado por loli o Lun, 29/05/2023 - 08:55-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
O alumnado de 1º de CSEAS e os tres alumnos visitantes de intercambio Erasmus checos puideron participar nunha charla e nunha sesión práctica sobre o mundo do Surf.
Viveiro Surf Escola foi o encargado de impartir estas sesións.
Estivo organizada por Benxamín Soto e acampañouno a profesora Sonia Prado.
Os temas tratados foron:
- Emprendemento: experiencia na creación dunha empresa de deporte, ocio e turismo.
- Saida profesional: probas e titulacions necesarias para traballar como monitor nunha escola de surf.
- Rendemento: experiencia na selección galega e española de surf.
- Inclusión: experiencia na selección de surf adaptado.
- Iniciación: como dar os primeiros pasos neste deporte en auxe
ANDAINA BURELA-SARGADELOS 1º BACHARELATO A
Enviado por loli o Mér, 10/05/2023 - 08:35--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Alumnado de 1º de Bacharelato A e o seu profesor Alfonso Iglesias organizador da andaina enmarcada dentro da unidade didáctica "Sendeirismo e orientación no medio natural" |
|
GAÑADORES TORNEO DE XADREZ
Enviado por loli o Mar, 14/02/2023 - 07:07-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
1º-Adrián Febrero de 1º de Bacharelato B
2º-Xosé Riveira Alonso de 2º ESO B
3º-Ester Riveira Alonso de 1º Bacharelato A
4º-Hugo Lestegás Lage de 2º de Bacharelato A
VIAXE A ANDORRA DO ALUMNADO DE 3º E 4º ESO
Enviado por loli o Mér, 08/02/2023 - 09:01VISITA DO ALUMNADO DE 2º DE CSEAS AO "CENTRO COIDANDO DE VÓS"
Enviado por loli o Xov, 19/01/2023 - 09:54----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
O alumnado de 2º de CSCEAS volveu ao centro de día Coidando de Vos de Burela para desenvolver outra sesión de tipo práctico.
Dividiron a sesión en 2 partes:
1ª. XIMNASIA DE MANTEMENTO:
Cada un dos alumnos foron participandfo como monitores facendo os exercicios que xa tiñamos preparados. O resto do alumnado asistía aos usuarios con maiores limitacións de mobilidade e/ou coordinación.
A actividade foi todo un éxito, tanto a nivel de partiicipación como de implicación.
2ª. MÉTODO BAPNE: adaptamos o método bapne a persoas maiores. Consistiu nunha progresión de exercicios de percusión corporal empregando palmadas e pasos. Primeiro creando nos o propio ritmo primeiro coas mans, despois cos pes e finalmente con mans e pes simultaneamente. Unha vez asimilado o ritmo tratamos de que os usuarios se adaptaran a un ritmo externo (un par de cancións típicas). Deste xeito fomos rematando nunha coreografia grupal na que interactuamos monitores e usuarios creando unha atmósfera amigable e moi positiva que nos levou a rematar bailando en parellas como se dunha pista de baile se tratase.
Acadamos os obxectivos que tiñamos marcados:
- Conseguir altos niveis de participación por parte dos ususarios
- Realizar exercicios adaptados as suas necesidades específicas,l considerando posibles adaptacións individuais.
- Poñer en práctica diferentes exercicios para a mellora da mobilidade, forza, axilidade, coordinación e equilibrio.
- Potenciar as relacións sociais a través de actividades cooperativas e a música.
A experiencia foi moi positiva. O profesor Benxa Soto organizou esta actividade e as outras que se fixeron no mesmo centro.
SEGUIMOS CO TORNEO DE XADREZ NOS RECREOS
Enviado por loli o Xov, 17/11/2022 - 09:40------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
O noso alumnado segue dinamizando os recreos co torneo de Xadrez.
ARBITRAXE NO FÚTBOL ACTUAL A CARGO DE GALO MARTÍNEZ
Enviado por loli o Mar, 15/11/2022 - 04:57-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Charla-coloquio a cargo de Galo Martínez, alumno de CSEAS árbitro federado impart¡u unha charla ao alumnado de 4º de ESO.
Esta actividade estivo organizada por Benxa Soto, profesor de Educación Física. Estivo acompañado por Raquel, titora de 4º ESO B.
VISITA DO ALUMNADO DE 2º DE CSEAS A "COIDANDO DE VÓS"
Enviado por loli o Xov, 27/10/2022 - 08:54
----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
O alumnado de 2º de CSEAS estivo no Centro "Coidando de Vós" facendo diferentes test ou probas para valorar a condición física, capacidade funcional e saúde dos usuarios. Foi unha experiencia xenial.
COMEZA O TORNEO DE XADREZ
Enviado por loli o Ven, 07/10/2022 - 11:41O alumnado do Ciclo Superior de Ensinanza e Animación Sociodeportiva volven co TORNEO DE XADREZ nos recreos.
4º ESO VISITA A PISCIFACTORÍA DE RODABALLO INSUÍÑA DE CERVO
Enviado por loli o Mér, 05/10/2022 - 08:00
---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »