Escolares

EDUCAR CONTRA O RACISMO: CHARLA E OBRADOIRO

------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

 

Charla de Sonia Mendes e Gabriela Frias "Educar contra o Racismo e a Xenofobia" Obradoiro para o profesorado "Elaboración dun protocolo de actuación para conductas racistas"
Estas actividades estiveron organizadas polas profesoras  Amalia Soto e Elena Samartino

VISITA DE DOCENTES AO NOSO CENTRO

-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Sergio Martínez, profesor de Xeografía e Historia no Centro de Formación para Persoas Adultas de Torrent (Valencia),  visitou estes días o noso centro para coñecer in situ como se imparte docencia a adultos nun Instituto de Educación Secundaria, cal é a nosa oferta educativa e aspectos relativos á xestión.
 Durante a observación non só participou en diversas clases, senón que tamén compartiu impresións con membros do noso Claustro e cos compañeiros do CIFP Rodolfo Ucha , que nos visitaron na fase autonómica do proxecto "Observa-Acción". Ademais, acompañounos en Dirección e coñeceu os proxectos nos que participamos.

 

ENLACE A GOOGLE FOTOS

PROMOCIÓN DE 2º DE BACHARELATO 2022-2023

   

Herminia Pernas, Titora de 2º Bacharelato B

Victoria Pérez, Orientadora do Centro

 

DISCURSO DE HERMINIA PERNAS COMO REPRESENTANTE DAS TITORAS

Moi boas tardes a todos e benvidos ao tan agardado acto de graduación de 2º de Bacharelato.

Atopámonos hoxe aquí, despois de oito longos e duros meses, nos que chegamos á conclusión de que a materia non se crea nin se destrúe senón que se acumula toda en 2º BAC.

2º BAC. Ese curso tan duro e temido polos estudantes, aínda que despois comprobamos que non era para tanto. Sempre se empeza de forma convulsa, con moitas incertidumes e crispacións pero non é como se empeza senón como se remata. E aquí estamos!!!

Hoxe é un día importante para todos vós, un día no que ides deixar atrás unha gran etapa das vosas vidas, para empezar outra que, sei que vos emociona e asusta por igual (porque a min tamén me pasou). Aínda que hoxe imos celebrar que conseguístedes librarvos do instituto, o que se vos vén encima non vai ser un camiño de rosas. Dunha ou doutra forma, o instituto procurou axudarvos na vosa formación académica, e tamén na vosa evolución como persoas.

Pero hoxe non só debemos evocar este curso, senón os anos de estudo, xogos, risas, amores e choros vividos entre as paredes no noso Centro, mudas testemuñas de secretos e anécdotas. Lonxe queda xa aquel primeiro día de clase na ESO onde en cada un de vós mesturábanse sentimentos semellantes aos que agora tendes: temores, esperanzas, satisfacción por unha etapa cumprida e grandes expectativas ante a nova que se iniciaba.

Entón non nos coñeciades; éramos só unha parte máis dun centro novo ao que ansiábades chegar para seguir medrando. Pouco a pouco, apareceron os motes, os apodos e a confianza. Camiñamos ao voso lado e, aínda que ás veces puidéstedes pensar que vos poñíamos zancadillas ou cortapisas, non fixemos tal. Só queríamos prepararvos para a vosa vida adulta.

Alguén me dixo hai anos que os profesores e mestres sufrimos o mal da adulescencia, unha extraña enfermidade propia de adultos docentes, que presentan –fora xa das aulas- síntomas propios da adolescencia. Bendito mal que se alimenta cada día do virus dos vosos poucos anos e que, especialmente en 2º BAC, fai que nos calcemos de novo os zapatos deste curso previo á universidade, e se nos poña esa mirada tenra, rebelde e ás veces odiosa que teñen os que asisten ao instituto.

Pola nosa parte, só nos queda desexarvos moita sorte e agradecervos o feito de ternos convidado para pasar con vós este momento tan especial, no que será a última vez que nos vexamos como profesores e alumnos e tamén como compañeiros de clase. Como amigos verémonos por aí e incluso en non moitos anos, poida que sexamos colegas de profesión.

Por iso, este momento non é o fin da viaxe, senón simplemente un trasbordo dun tren a outro, que vos vai levar a cada un nunha dirección distinta, e no que coñeceredes a outros pasaxeiros diferentes. Como acabo de dicir, probablemente nos cruzaremos no camiño xa que a vida da moitas voltas e as vías do tren non son infinitas.

Sexa como sexa, quérovos pedir un favor, que nos vosos triunfos profesionais que sen dúbida han ser moitos, nunca decepcionedes como persoas. Iso é o verdadeiramente importante.

 

MOITA SORTE A TODOS E A TODAS E ATA SEMPRE

 

ENLACE AO VIDEO DO EVENTO

SEMANA DE CELEBRACIÓNS DÍA DAS LETRAS GALEGAS

---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

 

 

 

 

 

 

 

 

ENLACE AO INSTAGRAM DO EDLG

https://www.instagram.com/p/Cr5rLoRMtFp/?igshid=MTc4MmM1YmI2Ng%3D%3D

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Exposición das obras do autor homenaxeado este ano Francisco Fernández del Riego

na nosa Biblioteca

 

 

 

 

 


Exposición de carteis conmemorativa dos 60 anos da celebración do Día das Letras Galegas

CELEBRACIÓN DÍA DE EUROPA

-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Reportaxe da celebración do DÍA DE EUROPA.
 
Como Escola Embaixadora do Parlamento Europeo, conmemoramos esta data cun completo acto central:
✔️ Recepción dos asistentes ó son de ritmos europeos , gran traballo de María Rivero desde o Departamento de Música 
✔️ Discurso conmemorativo, pola Dirección 
✔️ Somos europeos! Intervención do Eurodeputado Nicolás González Casares 
✔️ Visita guiada ó INFOPOINT- Escolar Embaixadora 
✔️ "Unha fiestra de Burela cara a Europa", discurso dos Embaixadores Junior de 1°Bac. Especial mención ás nosas alumnas ucraínas que nos demostraron un gran dominio do español 

 

CHARLA DE NILDA IZANITA BORGES

OBRADOIRO DE DAVID CATÁ CO ALUMNADO DO BACHARELATO DE ARTES

-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Outro ano máis o artista David Catá visitou o noso centro para realizar un obradoiro de fotografía co noso alumnado. Esta actividade estivo organizada polo Departamento de Artes.

CELEBRACIÓNS 8M

-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

 

 

 

---------------------------------------------ENLACE AO VIDEO-------------------------------------------------

 

 

HOMENAXE ÁS MULLERES UCRAINAS DAS NOSAS ALUMNAS UCRAINAS NA MATERIA DE XEOGRAFÍA E HISTORIA

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

DÍA DE ROSALÍA

------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Outro ano máis celebramos o Día de Rosalía no noso insti con diversas iniciativas dende o Departamento de Lingua é Literatura Galega e o EDLG.

 

FESTA DO ENTROIDO

--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Por fin chegou o venres e celebramos a gran festa do entroido. O alumnado e o profesorado volcáronse tanto no festival Just Dance coma no Desfile de Entroido.

O espíritu do entroido fose encarnando en Amalia e no equipo da Biblioteca, organizadores do desfile, e en Benxa, factotum dun Just Dance que contou coa axuda impagable de Mike a cargo do son, apoiado por Brais, o noso Michael Jackson sobre patíns. E que decir do mellor maestro de ceremonias que se poda ter, o terrorífico, o hilarante, o carismático...Jesús España!!!

Todo o evento foi gravado por Ana, así que mentras esperamos polo vídeo, aquí vai unha pequena reportaxe fotográfica.

Distribuir contido