Novas

Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE e LOXSE). Curso 2023-2024

 

As probas libres teñen por finalidade permitir ás persoas participantes obteren directamente algún dos títulos de técnico ou de técnico superior de formación profesional, sempre que demostren ter alcanzados os obxectivos establecidos na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, para a formación profesional, así como os fixados no currículo respectivo.

Como novidade, nesta convocatoria de probas libres ofértanse por primeira vez os títulos LOXSE. Polo tanto nesta convocatoria amplíase a oferta coas tres titulacións derivadas da LOXSE que non foron transformadas en títulos LOE:

  • Ciclo medio de Coidados auxiliares de enfermaría.
  • Ciclo superior de Dietética.
  • Ciclo superior de Prevención de Riscos profesionais.

 Prazo de solicitudes de admisión

Unicamente poderá presentar a solicitude de admisión quen cumpra os requisitos de acceso no período da inscrición.

O prazo de presentación de solicitudes de admisión é o seguinte (período ordinario): do 17 de abril ás 9:00h ata 30 de abril de 2024  as 13:00 h.

Publicado o calendario, a oferta clasificada por provincia e concello, e a actualización da información das Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE e LOXSE). Curso 2023-2024.

Máis información

ADMISIÓN ALUMNADO DE ESO E BACHARELATO PARA O CURSO 2024-2025

 

RESERVA:

AVISO: Todo o alumnado de 6º de Educación Primaria do CEIP Plurilíngüe Vista Alegre que presentou solicitude  de reserva de praza para 1º de ESO no IES Monte Castelo, teñen adxudicada praza.

Poden ver as listaxes no tablón de anuncios deste centro  do CEIP Plurilíngüe Vista Alegre e tamén na aplicación www.edu.xunta.es/admisionalumnado.

 

O prazo de matrícula  será no mes de xuño.

Está aberto o prazo de RESERVA DE PRAZA para o alumnado de 6º de Primaria do CEIP Plurilíngüe Vista Alegre de Burela que queira continuar os seus estudos de 1º de ESO no IES Monte Castelo.

A solicitude de reserva presentarase no CEIP Plurilíngüe Vista Alegre do 15 de xaneiro ó 5 de febreiro.

Tamén se pode presentar pola sede electrónica da Xunta ou a través da aplicación "admisionalumnado"  

ADMISIÓN

AVISO: Todo o alumnado que presentou solicitude  de praza para 1º de Bacharelato e ESO no IES Monte Castelo, teñen adxudicada praza.

Poden ver as listaxes no tablón de anuncios deste centro e tamén na aplicación www.edu.xunta.es/admisionalumnado.

 

Resto de alumnado que queira realizar os seus estudos de ESO ou Bacharelato neste centro.

O prazo de presentación da solicitude será do 1 ó 20 de marzo do 2024.

Procedemento:

  • O alumnado que solicite praza no IES Monte Castelo para cursar ESO ou Bacharelato presentará o impreso de admisión a través da aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) ou de forma presencial na Secretaría do centro  utilizando o formulario normalizado de solicitude (Formulario ED550B), que se publica como anexo II da presente Orde do 21 de outubro de 2022.

  • Tamén se poderá presentar a solicitude a través da Sede electrónica Procedemento ED550B

Mais información na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Universidade

Documentación a presentar xunto coa solicitude:

  • Copia DNI do alumno para o que se solicita praza.

  • Copia do libro de familia ou documento equivalente donde figure o/a alumno/a e os demáis membros computables da unidade familiar

  • Certificado de matrícula do curso actual (2023-2024). Para 1º Bacharelato certificado de notas de 3º ESO.

  • En caso de separación dos pais deben  acompañar copia da sentenza de separación ou convenio regulador onde conste a custodia do/a menor.

Todos os datos persoais da solicitude deben coincidir exactamente cos que aparecen nos documentos de identificación (DNI, NIE, Pasaporte)

No anexo II bis debe reflexarse e asinar todos os membros da unidade familiar (no caso dos menores de idade asinaran o pai, nai ou titor/a). E  o proxenitor non solicitante SEMPRE debe asinar o anexo II bis (continuación).

IMPORTANTE: A solicitude de reserva ou admisión é única e ten carácter vinculante. Poderá anularse unha solicitude de admisión presentada nun centro mediante a presentación dunha nova solicitude noutro centro, indicando expresamente por escrito que queda sen efecto a presentada con anteiroridade.

Deben marcarse, no momento de presentación da solicitude de admisión, todos os criterios que se pensan alegar para a baremación. Artigo 13 da Orde do 21 de outubro de 2022 (DOG 8 de novembro de 2022)

Si existisen mais solicitudes que prazas ofertadas, solicitaríase con posterioridade a documentación acreditativa para a baremación, pero os criterios alegados xa non se poderían modificar. O prazo para presentar no centro a documentación acreditativa,  será de 10 días hábiles dende o 21 de marzo.

O número para resolver o empate na puntuación final é 0,70. Resolución 27 de febreiro de 2024

MANUAL PARA AS FAMILIAS

 

POSTOS VACANTES QUE SE OFERTAN PARA O CURSO 2024-2025: pinchar aquí

CRITERIOS BAREMACIÓN: pinchar aquí

Calendario do proceso de admisión:

Reserva de praza no centro de orixe adscrito (Presentar solicitude no CEIP Plurilíngüe Vista Alegre) Do 15 de xaneiro ó 5 de febreiro
Publicación listaxe definitiva do alumnado con posto reservado 22 de febreiro
Renuncia á asignación de praza reservada (alumnos CEIP Plurilíngüe Vista Alegre) Antes do 28 de febreiro
Publicación de postos vacantes Antes do 1 de marzo

Presentación da solicitude de admisión dos alumnos que cambien de centro para seguir

cursando a mesma ensinanza ou estudos superiores

Do 1 ó 20 de marzo

Presentación da documentación acreditativa dos criterios do baremo (se o número de

solicitudes é superior o número de prazas ofertadas

 A partir do 21 de marzo (10 días hábiles)
Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos    25 de abril
Reclamacións: Realizaranse ante o Consello Escolar

 5 días hábiles a partir do día seguinte da publicación

das listaxes provisionais

Publicación das listaxes definitivas   15 de maio

En caso de solicitar praza en datas posteriores ó prazo fixado, enviaranse ó Departamento

Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade

 

PROBAS LIBRES PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE BACHAREL PARA MAIORES DE 20 ANOS. 2024

Probas libres para a obtención do Título de Bacharel  para maiores de 20 anos. 2024

Convocadas as probas libres para a obtención do Título de Bacharel para maiores de vinte anos no ano 2024. DOG nº 16 do 23 de xaneiro de 2024.

Toda a información na sede electrónica da Xunta: https://sede.xunta.gal

   e na páxina web da Consellería de Educación: www.edu.xunta.gal

- O prazo de presentación de solicitudes para realizar estas probas será do  15 ó 28 de febreiro de 2024.

 Lugar para realizar a inscrición, na provincia de Lugo:


Centro EPAPU Albeiros, parque da Milagrosa, s/n, 27003, Lugo. Tfno: 982 828106


- As probas terán lugar o día  26 de abril de 2024 para o alumnado de toda Galicia no IES San Clemente de Santiago de Compostela en sesións de mañá e tarde.


A proba constará de dous exercicios:

 -Primeiro exercicio, de materias comúns

               Lingua galega e literatura/ Lingua castelá e literatura/ Lingua estranxeira/ Historia de España/ Filosofía.

-O segundo exercicio diferente para cada modalidade, versará sobre as materias de modalidade

  • Materia troncal xeral propia da modalidade elexida:

           - Matemáticas I e II na modalidade de Ciencias

           - Latín I e II na modalidade de Humanidades

           - Matemáticas aplicadas as Ciencias Sociais I e II na modalidade de Ciencias Sociais

                                                                    

  •   Duas materias  das troncais de opción da modalidade elixida.

 

 

Probas libres para a obtención do Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria para maiores de 18 anos. 2024

Convocadas as probas libres para a obtención do Título de Graduado en Educación Secundaria para maiores de dezaoito anos no ano 2024. DOG nº 8 do 11 de xaneiro de 2024.

 Toda a información na sede electrónica da Xunta: https://sede.xunta.gal

 e na páxina web da Consellería de Educación: www.edu.xunta.gal

 

 Prazo de presentación de solicitudes para realizar estas probas será:

 Primeira Convocatoria: do 5 ó 21 de febreiro de 2024.

 Segunda Convocatoria: do 8 ó 19 de abril de 2023.

 

Lugar para realizar a inscrición, na provincia de Lugo:

 Centro EPAPU Albeiros, parque da Milagrosa, s/n, 27003, Lugo. Tfno: 982 828106

 
Data das probas, en sesións de maña e tarde, no centro de inscrición:

Primeira Convocatoria: 12 de abril de 2024

Segunda Convocatoria: 7 de xuño de 2024

  Horario:

 A sesión de mañá terá dúas partes:

 Na primeira parte, das 9:30 ás 12:00 horas, realizarase a proba do ámbito científico-tecnolóxico, que incúe exercicios das materias de Matemáticas, Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química,  Tecnoloxía e Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC), así como aspectos relacionados coa saúde e o medio natural recollidos no currículo de Educación física.

 Na segunda parte, das 12:15 ás 13:15 horas, realizarase a proba do ámbito social, que inclúe exercicios das materias de Xeografía e Historia, Economía, Iniciación  a Actividade Emprendedora e Empresarial e aspectos preceptivos correspondentes ás materias de Educación plástica e visual e Música.

 

Na sesión de tarde, das 16:00 ás 19:00 horas, realizarase a proba do ámbito de comunicación, no cal se integran os aspectos básicos do currículo referidos das materias de Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura e Primeira Lingua Estranxeira

 

 

 

 

PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS. CONVOCATORIA 2024

Toda a información na páxina de FP: http://www.edu.xunta.gal/fp

Ligazón á aplicación informática para solicitar a inscrición: https://www.edu.xunta.gal/ciclosprobas

Guía do asistente informático para cubrir a solicitude de inscrición. Pinchar aquí

 

Comezan as clases de CUALE -inglés e francés-!!!

 

A vindeira semana, a do 18 de setembro, comezan as clases de CUALE, tanto de INGLÉS como de FRANCÉS, en todos os niveis. 

 

Consulta no documento ADXUNTO o teu horario e a aula na que terán lugar.

PRAZAS LIBERADAS EN CICLOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL

Este venres, 8 de setembro, foron publicados os ciclos de Formación Profesional con prazas dispoñibles para o curso 2023/2024. Así pois, aínda estás a tempo de matricularte no IES Monte Castelo en: 

i.-Ciclo Superior de Química e Saúde Ambiental

ii.-Ciclo Superior de Ensinanza e Animación Sociodeportiva

iii.-Ciclo Medio de Coidados Auxiliares de Enfermería

 

Máis información en https://www.edu.xunta.gal/portal/node/40878

As prazas son LIMITADAS, así que matricúlate canto antes. 

Calendario escolar curso 2023/2024 IES Monte Castelo

Adxuntamos o calendario escolar vixente para o curso 2023/2024.

 

Descárgao aquí.

 

LIBROS DE TEXTO CURSO 2023/2024

Adxuntamos a lista de libros de texto para o curso 2023/2024 naquelas materias que non se imparten no marco de EDIXGAL. 

Recordamos a vital importancia das Aulas Virtuais nas materias que non contan con libro de texto nin EDIXGAL como espazos para facilitar os materiais ó alumnado. 

CALENDARIO PRESENTACIÓNS CURSO 2023/2024

O vindeiro luns, 11 de setembro, terán lugar as presentacións do alumnado de ESO, Bacharelato, FP e Adultos.

Nas horas indicadas no arquivo adxunto, o alumnado agardará polo profesorado titor na patio diante da porta principal. 

A partir do martes, 12 de setembro, iniciaranse en todos os niveis as clases en horario habitual. 

 

*Queda pendente de comunicación o inicio das clases de CUALE (inglés e francés, todos os niveis), así como de Español para Estranxeiros. 

Distribuir contido