Xeografía e Historia

CONVERSAS DE ACTUALIDADE CO XUÍZ VÁZQUEZ TAÍN

----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

 

O Departamento de Xeografía e Historia organizou un encontro co Xuíz Vázquez Taín na Casa de Cultura de Burela aberta a toda a comunidade educativa da contorna.

 

 

VIAXE Á PROVINCIA DE OURENSE

--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

O alumnado de 4º de ESO e de 1º de Bacharelato de Tecnoloxía e de Bioloxía e Xeoloxía visitaron varios sitios emblemáticos de Vilanova dos Infantes, Allariz e Celanova.

Tamén visitaron o Pazo de Fontefiz, que é o centro de recursos zooxenéticos de Galicia, ubicado no Concello de Coles, que alberga a maior explotación de gando vacún da provincia,

sendo o principal referente en canto a recuperación, conservación e promoción de razas autóctonas.

Esta viaxe educativa foi organizada polos Departamentos de Xeografía e Historia e Bioloxía e Xeoloxía.

 

ENCONTRO "DIVULGANDO RESISTENCIAS"

-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------


VIDEO DA VISITA DO CONDE DE FONTAO

----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

 

ENLACE AO VÍDEO

 

 

 

 

ARTIGO DE HERMINIA PERNAS-COORDINADORA DA VISITA

VISITA CONDE DE FONTAO

Traballar en feminino. Repaso histórico 8M

ADAPTACIÓN PROGRAMACIÓN PARA O TERCEIRO TRIMESTRE

ESO + ESA + BAC 

RESUMO PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS CURSO 2019-20

ESO + ESA + BAC

Visita ó Parlamento de Galicia 2016

Visita ó Parlamento de Galicia no curso 2016/17

Alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato de Antropoloxía visitou o venres 15 de abril o Parlamento de Galicia acompañados polos profesores Herminia Pernas, Mª Carmen Fernández e Marcelino Luna. Alí foron recibidos polo secretario da cámara José Manuel Balseiro e  por Antonio Basanta Fernández, actual xefe de gabinete da Consellería do Mar e exalumno do instituto burelense.

O alumnado puido coñecer de primeira man o funcionamento da Cámara e visitou estancias tan representativas como o Salón de Plenos e a Sala dos Reis, onde toman posesión oficial do seu cargo todos cargos institucionais nomeados polo Parlamento, entre eles, o Presidente da Xunta de Galicia.

Rematada a visita o alumnado realizou un rueiro pola zona vella da cidade de Santiago de Compostela e a posterior visita á Cidade da Cultura.

Esta actividade está organizada polo departamento de Ciencias Sociais,Xeografía e Historia.

 

 

A noticia aparece recollida na Voz de Galicia: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/amarina/2016/04/16/ies-monte-castelo-parlamento/0003_201604X16C7991.htm

 

 

Visita ao Parlamento

Visita ao Parlamento 2015

Venres 10 de abril de 2015- Alumnos de 4º ESO e 1º BAC de Antropoloxía  visitaron o Parlamento Galego acompañados da profesora de Historia Herminia Pernas e do director do centro Marcelino Luna.Foron recibidos polo Secretario da Cámara galega, o tamén mariñán Jose Manuel Balseiro, e polos deputados da comarca Vidal Martínez Sierra (PPdeG) e Jose Ramón Val Alonso (PSdeG).

Dentro desta visita cultural a Santiago tamén participaron nun rueiro pola zona vella da cidade, visitaron o Consello da Cultura de Galega e a Cidade da Cultura .

Esta actividade está organizada polo departamento de Xeografía e Historia.

 

Distribuir contido