Xeografía e Historia

Visita a Cariño e Cabo Ortegal

Programa "UN MAR DE CULTURA"

O martes 9 de decembro alumnos de 3º de ESO e de 1º de BAC de Bioloxía e Xeoloxía realizaron unha visita didáctica a Cariño. Realizaron unha visita guiada á cetárea natural de "A Balandra" para coñecer de preto o cultivo de marisco. Despois visitaron a fábrica de conservas "La Pureza" unha empresa familiar con 90 anos de historia e dedicada á elaboración de salazóns e conservas de peixe de forma artesanal. Despois visitaron o cabo Ortegal para coñecer o seu faro. Xa de volta a Burela na vila mariñeira de San Cibrao viron a fabricación artesanal de barcos de madeira nunha das poucas carpinterías de ribeira que aínda subsisten na zona, Asteleiros Fra.

Esta actividade estivo organizada polos departamentos de Xeografía e Historia e Ciencias Naturais coa que se pretende achegar o medio marítimo ao alumnado a través da visita a empresas relacionadas co mar.

A visita aparece recollida no blog: http://www.maremasma.com/blog/?p=416

 

 

 

 

 

 

Visita ó Parlamento galego 2014

Visita ó Parlamento galego 2014

Os alumnos de 4º de ESO visitaron o Parlamento galego acompañadas polas profesoras Herminia Pernas e Susana Bayón e o axudante Comenius Massimiliano Matteri. Foron recibidos por José Manuel Balseiro e por Vidal Martínez-Sierra.

Visita a Deputación de Lugo

4 de decembro 2013- Os alumnos de 4º ESO e de 1º de BAC visitaron a Deputación de Lugo, dentro da visita ás distintas institucións do Estado, donde foron recibidos por Alfredo Llano (Deputado Director de Innovate). Tamén visitaron o Museo e o cemiterio de Lugo donde está o "xardín das lembrazas". Esta actividade está organizada polo departamento de Xeografía e Historia.

   
 

Visita ó Parlamento galego

Alumnos de 4º de ESO acompañados polos profesores Herminia Pernas e Jesús Carrascal visitaron o Parlamento de Galicia o 7 de marzo de 2013. Foron recibidos polo secretario do Parlamento, o mariñán do PP José Manuel Balseiro quen lles invitou a formular preguntas sobre o funcionamento da Cámara lexislativa galega, as funcións dos deputados e deputadas e calquera asunto de actualidade que puidera interesarlles. Ademáis tamén os acompañou o parlamentario socialista José Ramón Val Alonso.

O alumnado visitou as instalacións e coñeceu as distintas estancias do Pazo do Hórreo onde se desenvolven os actos institucionais e, sobre todo, a actividade parlamentaria

 

 

Presentación do libro " Centenario do cemiterio parroquial de Burela 1912-2012"

A profesora de Historia deste centro Herminia Pernas Oroza presentou o 14 de decembro o libro "Centenario do cemiterio parroquial de Burela 1912-2012" para conmemorar o centenario do camposanto burelés no que participou.

   

Visita ó Parlamento galego

 

Alumnos do IES Monte Castelo de Burela, visitaron o mércores 14 de marzo de 2012 o Parlamento. Fotografía do grupo cos parlamentarios da Mariña lucense das tres forzas políticas.
Esta actividade estivo organizada polo departamento de Xeografía e Historia.


 

Visita ó Congreso dos Deputados o 21 de decembro 2011

Alumnos de 2º de Bacharelato acompañados de 3 profesoras do centro fan unha visita ó Congreso dos Deputados en Madrid dentro da viaxe organizada polo departamento de historia. Estiveron acompañados polo deputado mariñano popular Jaime de Olano Vela que os guiou no seu recorrido pola Cámara Baixa, xustamente no día do xuramento de Mariano Rajoy ante o Rey como novo presidente do goberno de España.

 

Noticia na prensa

 

 

EXPOSICIÓN DE CLÁSICOS

Os alumnos de 4º de ESO realizan unha exposición de CLÁSICOS, na Casa da Cultura de Burela que se poderá visitar durante 15 días.

Distribuir contido