Visita ó Parlamento de Galicia 2016

Visita ó Parlamento de Galicia no curso 2016/17

Alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato de Antropoloxía visitou o venres 15 de abril o Parlamento de Galicia acompañados polos profesores Herminia Pernas, Mª Carmen Fernández e Marcelino Luna. Alí foron recibidos polo secretario da cámara José Manuel Balseiro e  por Antonio Basanta Fernández, actual xefe de gabinete da Consellería do Mar e exalumno do instituto burelense.

O alumnado puido coñecer de primeira man o funcionamento da Cámara e visitou estancias tan representativas como o Salón de Plenos e a Sala dos Reis, onde toman posesión oficial do seu cargo todos cargos institucionais nomeados polo Parlamento, entre eles, o Presidente da Xunta de Galicia.

Rematada a visita o alumnado realizou un rueiro pola zona vella da cidade de Santiago de Compostela e a posterior visita á Cidade da Cultura.

Esta actividade está organizada polo departamento de Ciencias Sociais,Xeografía e Historia.

 

 

A noticia aparece recollida na Voz de Galicia: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/amarina/2016/04/16/ies-monte-castelo-parlamento/0003_201604X16C7991.htm