Información Coronavirus

Novas actividades CUALE (31 de marzo 2020)

Novas tarefas para CUALE.

Son 4 documentos de texto coas instruccións e cunha táboa para anotar contestacións, e ver claramente as correccións logo.

Teñen incluídos uns enlace ós audios vía Dropbox.

Tarefas CUALE A1

 Tarefas CUALE A2

Tarefas CUALE B1

Tarefas CUALE B2

 

De todos modos está todo coma sempre no blog http://elblogdelaprofe-uxi.blogspot.com/ por se non funcionase o enlace e estou sempre pendiente do gmail.

 

Abalar Móbil

O próximo 3 de abril publicaranse as notas da segunda avaliación a través da aplicación abalarMóbil, polo que si aún non a tes, este é o momento de descargala.
 
A Xunta de Galicia, coa finalidade de aumentar o acercamento entre o profesorado e as familias, ofrece abalarMóbil. Trátase dunha aplicación que permite ás familias consultar a información dos seus fillos a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida.
 
abalarMóbil é unha aplicación que se pode instalar tanto no teléfono móbil como nunha tablet, e que permite ás familias consultar a información de calquera dos seus fillos a través destes dispositivos.
 
A descarga desta aplicación faise dende Apple store (se o sistema operativo é IOS) ou dende Play Store (se o sistema operativo é Android). 
 
A aplicación abalarMóbil está dispoñible para os pais, nais e titores legais do alumnado matriculado nos centros educativos de Galicia de educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos. Tamén poden acceder os estudantes cando son legalmente responsables de si mesmos.
 
 
Están a disposición das familias unha guía, na que se mostran as diferentes funcionalidades e servizos que os representantes legais poden utilizar dende o seu teléfono móbil, e un formulario para realizar consultas ou  tramitar incidencias relacionadas coa aplicación abalarMóbil.
 
 
A mensaxería de abalarMóbil é unha nova funcionalidade que ten como obxectivo facilitar a comunicación entre o centro e os responsables. Esta nova sección está dispoñible a partir da versión 1.3.0 da aplicación móbil tanto para dispositivos Android como iOS.
 

Cambios na ABAU e nas prácticas de FP

A Conferencia Sectorial de Educación decidiu atrasar á ABAU e adaptala á situación de excepcionalidade, flexibilizar as prácticas de FP e suspender as probas de avaliación diagnóstica, entre outras medidas.

Probas ABAU

As probas vanse a realizar entre o 22 de xuño e o 10 de xullo en convocatoria ordinaria, e antes do 10 de setembro en convocatoria extraordinaria.

FP

  • Limitación horas de prácticas: ás FCT limitaránse ás horas mínimas, 220 horas. Así mesmo, o módulo de FCT integrarase nun módulo de proyecto para que se poidan abordar os obxectivos ao entorno laboral. Afecta tanto a FP básica, de grao medio e de grao superior.
  • As probas de acceso de grao medio e grao superior, acordouse posponerlas o que sexa necesario, cheganda a primeira quincena de xuño.

En canto ao resto de ensinanzas o ministerio elaborou una páxina web para as ensinanzas a distancia e on line

Mais información por parte da Consellería de Educación da Xunta de Galicia.

Enlace nota de prensa

Enlace á páxina do ministerio de Educación y Formación Profesional.

Aprendemos en casa

A partir deste luns 23 de marzo, o ministerio de educación e formación profesional e RTVE lanzan o programa "Aprendemos en casa" para facilitar o aprendizaxe de todo o alumnado durante a suspensión de clases presenciais.

Os programas dedicados a ESO retransmiranse na 2 de TVE nos seguintes horarios de luns a venres de 12:00 a 13:00 para alumnado de 1° e 2° da ESO e de 13:00 a 14:00 paro o de 3° e 4° da ESO.

  • Luns - Matemáticas
  • Martes - Ciencias Sociais
  • Mércores - Educación Plástica e Educación Física
  • Xoves - Lingua e Idiomas
  • Venres - Ciencias Naturais

E tamén a partir do luns 23 de marzo, a partir das 11:30, na TVG - G2, emitirase un programa especial de Aquelando: "Aquelando tamén queda na casa"

App Moodle Classic

 Que é Moodle Classic?

Moodle Classic é a app oficial móbil de Moodle para AndroidiOS, e Windows Phone. .

Na actualidade (2019) existen dúas aplicacións de Moodle para dispositivos móbiles:

  1. Moodle Mobile (para Moodle 3.1 ou superior)
  2. Moodle Classic (para Moodle 2.4 ata 3.0).

No proxecto Webs Dinámicas dispoñemos actualmente da versión 2.6 de Moodle así que debemos utilizar a app Moodle Classic.

Que podo facer con Moodle Classic?

A app Moodle Classic permite aos usuarios (profesores e alumnos) conectarse aos cursos creados na "Aula Virtual" do seu centro educativo, co seu teléfono móbil ou tablet e usando o mesmo "nome de usuario" e "contrasinal" que usa cada un normalmente para entrar na propia Aula Virtual.

Esta app permite traballar cos contidos e actividades do curso en modo desconectado (off line), sincronizando o traballo coa Aula Virtual cando existe unha conexión viable.

Como descargala no meu dispositivo?

Actividades CUALE

O alumnado de CUALE pode continuar preparándose mediante as seguintes tarefas:

Son 4 pdf coas explicacións necesarias. Poseen redireccións nelas ó blog da profesora http://elblogdelaprofe-uxi.blogspot.com/  para que poidan descargar os audios dos exercicios e tamén estes mesmos pdf, as tarefas entregaríanse en adxuntos ó correo de gmail da profesora.

Acceso aula virtual

Todo o alumnado do centro pode acceder a Aula Virtual do IES Monte Castelo, para elo necesita unas chaves de acceso.

Aquel alumnado que non coñeza as súas chaves de acceso deberá poñerse en contacto co centro a través do correo ies.monte.castelo@edu.xunta.es indicando nome e apelidos e, no asunto do correo, que apareza AULA VIRTUAL.

Unha vez teñades as chaves de acceso e poidades entrar na aula virtual, tedes que dirixirvos a sección "os meus cursos", onde atoparedes todos os cursos no que estaredes matriculados. Neses cursos aparecerán diferentes recursos e tarefas para continuar co voso proceso de aprendizaxe.

Polo momento solicitamos un pouquiño de paciencia, xa que algúns cursos aínda están en proceso de preparación, pero o acceso a aula virtual xa deberíades telo todos, así que os que no poidan acceder escribide rápidamente ao correo do centro.

 

Información sobre a Pandemia covid-19

Creamos nesta sección do alumnado un apartado especial sobre a Pandemia do COVID-19.

A informacion que aparecerá será, principalmente, sobre as actividades a realizar polo alumnado en xeral, ben sobre a aula virtual, ou sobre aquelas seccións do IES Monte Castelo que non teñen esta ferramenta, como é o caso de CUALE.

Tamén se iran indicando os novos prazos segundo os indiquen dende a Consellería.

Medidas a adoptar en todos os centros. (Xoves 12/03/2020)

Novas instruccións (Venres 13/03/2020)

Distribuir contido