Abalar Móbil

O próximo 3 de abril publicaranse as notas da segunda avaliación a través da aplicación abalarMóbil, polo que si aún non a tes, este é o momento de descargala.
 
A Xunta de Galicia, coa finalidade de aumentar o acercamento entre o profesorado e as familias, ofrece abalarMóbil. Trátase dunha aplicación que permite ás familias consultar a información dos seus fillos a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida.
 
abalarMóbil é unha aplicación que se pode instalar tanto no teléfono móbil como nunha tablet, e que permite ás familias consultar a información de calquera dos seus fillos a través destes dispositivos.
 
A descarga desta aplicación faise dende Apple store (se o sistema operativo é IOS) ou dende Play Store (se o sistema operativo é Android). 
 
A aplicación abalarMóbil está dispoñible para os pais, nais e titores legais do alumnado matriculado nos centros educativos de Galicia de educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos. Tamén poden acceder os estudantes cando son legalmente responsables de si mesmos.
 
 
Están a disposición das familias unha guía, na que se mostran as diferentes funcionalidades e servizos que os representantes legais poden utilizar dende o seu teléfono móbil, e un formulario para realizar consultas ou  tramitar incidencias relacionadas coa aplicación abalarMóbil.
 
 
A mensaxería de abalarMóbil é unha nova funcionalidade que ten como obxectivo facilitar a comunicación entre o centro e os responsables. Esta nova sección está dispoñible a partir da versión 1.3.0 da aplicación móbil tanto para dispositivos Android como iOS.
 
AdxuntoTamaño
guia-mobil-familias-galego.pdf1.74 MB