App Moodle Mobile e Moodle Classic

Que é Moodle Mobile e Moodle Classic?

Moodle Mobile é a app oficial móbil de Moodle para AndroidiOS, e Windows Phone. Está dispoñible na tenda de apps de Android (Google Play), na tenda de apps de Apple (App Store) e nas tendas de apps de Windows.

Na actualidade (2019) existen dúas aplicacións de Moodle para dispositivos móbiles:

  1. Moodle Mobile (para Moodle 3.1 ou superior) Non funciona ca aula virtual do IES Monte Castelo
  2. Moodle Classic (para Moodle 2.4 ata 3.0). App para a aula virtual do IES Monte Castelo

No proxecto Webs Dinámicas dispoñemos actualmente da versión 2.6 de Moodle así que debemos utilizar a app Moodle Classic, non podemos utilizar a aplicación Moodle Mobile que atopamos nos repositorios de Android (play Store) e iOs (Apple Store) senón que temos que descargar a app Moodle Classic.

Como instalar Moodle Classic?

Para instalar e usar a app "Moodle Classic" realiza os seguintes pasos:

● PASO 1  Descarga a app "Moodle Classic" no teu dispositivo móbil (smartphone e/ou tablet)

Como a app non se atopa nos repositorios dos smartphones a única posibilidade é descargalo dende o seguinte nlace de descarga para android:

https://apkpure.com/es/moodle-classic/com.moodle.classic

Unha vez descargada temos que acceder a seguridade do smartphone e permitir a instalación de aplicacións de orixe descoñecido (despois se queres volves a non permitir).

 

● PASO 2  Cando inicies a app por primeira vez no teu móbil (ou tablet), introduce os seguintes datos:

- Dirección del sitiohttps://www.edu.xunta.gal/centros/iesmontecastelo/aulavirtual2 

- Nombre de usuario: o mesmo usuario que usas para entrar na Aula virtual do teu centro

- Contraseña: o mesmo contrasinal que usas para entrar na Aula virtual do teu centro

 

Que podo facer con Moodle Classic?

A app Moodle Classic permite aos usuarios (profesores e alumnos) conectarse aos cursos creados na "Aula Virtual" do seu centro educativo, co seu teléfono móbil ou tablet e usando o mesmo "nome de usuario" e "contrasinal" que usa cada un normalmente para entrar na propia Aula Virtual.

Esta app permite traballar cos contidos e actividades do curso en modo desconectado (off line), sincronizando o traballo coa Aula Virtual cando existe unha conexión viable.

Moodle Classic ofrece, entre outras, as seguintes funcionalidades:

Xestionar ficheiros

  • Subir un ficheiro á área de ficheiros privados
  • Grabar un audio ou vídeo e subilo directamente á área de ficheiros privados
  • Ver e descargar os teus ficheiros privados
  • Ver e descargar os ficheiros do curso

Traballar no curso

  • Acceso rápido aos contidos do curso
  • Descargar e ver algúns dos recursos do curso
  • Ver os módulos "Libro" e "Paquetes de contido IMS"
  • Participar nas actividades (escolla, consulta, ...)
  • Participar nos chats do curso
  • Ver os foros e os debates
  • Ver as cualificacións de actividade e as cualificacións totais do curso

Interactuar cos demáis usuarios

  • Mensaxería privada entre usuarios
  • Enviar unha mensaxe privada a un participante do curso
  • Ver todas as túas notificacións e mensaxes privados recibidos
  • Engadir a un participante do curso á túa axenda de contactos do teléfono
  • Chamar a un participante do curso ao pulsar no número de teléfono
  • Localizar a un participante do curso en Google Maps

Recibir información

  • Ver eventos do calendario
  • Notificacións recordatorias para eventos de calendario
  • Recibir notificacións "Mobile Push"
  • Integración no calendario con recordatorios e advertencias
  • Ver as notas do sitio, do curso e as persoais