RESERVA E MATRÍCULA EN CICLOS FORMATIVOS

ATENCIÓN: INFORMACIÓN IMPORTANTE
RESERVA E MATRÍCULA EN CICLOS FORMATIVOS


Se tes praza adxudicada nos Ciclos Formativos que se imparten no noso centro deberás proceder á reserva de praza e/ou matrícula nos mesmos.


1. COMO SEI SE ME ADXUDICARON PRAZA?


A listaxe de prazas definitivas adxudicadas podédelas atopar na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.es/fp/admision-curso-2020-2021


Na listaxe non estaredes identificados por nome, senón por un Código Persoal de Consulta (CPC). Este CPC pódese obter na aplicación web Ciclosadmision, na parte inferior, onde tedes a ligazón “Ver Código Persoal de Consulta”. Neste apartado seravos solicitado o voso DNI e o Código de Solicitude. Este Código de Solicitude é o que aparece nos impresos de solicitude de admisión, na parte superior dereita, debaixo do código de barras.


2. COMO RESERVO? COMO ME MATRICULO?


Se o Ciclo Formativo qu e queres cursar che foi adxudicado, deberás reservar e/ou matricularte . Do contrario, perderás a pr aza!

No noso centro, podes estar nalgún destes dous casos:

 

  • Praza adxudicada nun Ciclo Formativo en réxime ordinario : recomendámosvos que fagades a Reserva a través da aplicación web Ciclosadmision . A vantaxe deste sistema é que non teredes que pasar polo centro e a formalización da matrícula poderá realizarse máis adiante.
  • Praza adxudicada nun Ciclo Formativo en réxime de persoas adultas : debido ás particularidades destes Ciclos Formativos onde se poden cursar módulos soltos, podedes reservar en liña na aplicación web Ciclosadmision , pero en todo caso DEBEREDES ACUDIR DE XEITO PRESENCIAL AO NOSO CENTRO DENTRO DOS PRAZOS CORRESPONDENTES.

Para realizar a reserva: deberedes entrar na aplicación web Ciclosadmision e ir á parte inferior on de aparece unha ligazón a Reserva de prazas adxudicadas/Anulación da reserva.


3. QU E PAPEIS TEÑO QUE TER PARA A MATRÍCULA?

 

  1. Impreso de matrícula que se xunta nesta publicación.
  2. Impreso de autorización de imaxe que se xunta nesta publicación.
  3. Fotocopia do DNI
  4. Fotocopia da tarxeta sanitaria
  5. 2 fotos pequenas tamaño carné.
  6. Se non presentache s a solicitude de admisión no noso centro: certificación de ter os estudos que permiten o acceso ao Ciclo Formativo correspondente.
  7. Se tes menos de 28 anos: xustificante de pagamento do seguro escolar. O importe do seguro escolar é de 1,12 € €. Deberase ingresar na conta de “Abanca” co ES08 2080 0183 2630 4000 1028


4. CANDO PODO IR AO CENTRO?


Para vir ao noso centro, dadas as circunstancias actuais, agradecémosche que reser ves cita. Para iso, dinos o teu nome, o día e a hora, na seguinte ligazón web:
https://outlook.office365.com/owa/calendar/IESMonteCastelo1@iesmontecastelo.onmicrosoft.com/bookings/


5. NON SEI COMO FACER, NECESITO MÁIS INFORMACIÓN!


Tedes toda esta información moito máis detallada na seguinte ligazón:


https://www.edu.xunta.es/fp/admision-grao-medio


Tamén nos podes chamar ao 982 82 82 41 ou consultarnos ao enderezo electrónico ies.monte.castelo@edu.xunta.gal

AdxuntoTamaño
Impreso_matricula_CM _CAE_Adultas.pdf140.16 KB
Impreso_matricula_CM _CAE_Ordinario.pdf140.35 KB
Impreso_matricula_CS _EAS.pdf133.83 KB
Impreso_matricula_CS _QSA.pdf131.77 KB
Autorizacion_imaxe.pdf127.43 KB