Curso de técnico de tenis de mesa (nivel 1)

Este fín de semana, 24, 25 e 26 de Febreiro estase á celebrar no IES Monte Castelo
de Burela ( parte conceptual na aula de usos múltiples e a parte práctica no pavillón
polideportivo do centro ) un curso formativo de técnico de tenis de mes a ( Nivel 1 ). No
curso, coordinado polo delegado comarcal do club “ Dez Portas “ de Lugo, Antonio
Gómez e impartido polo adestrador argentino do equipo lucense da 1ª Galega “ Óscar
Roitman (*) colaboran a Secretaria Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e a
Federación Galega de tenis de mesa e nel, participan un total de 20 alumn@s, a metade
dos cales son estudiantes do ciclo formativo TESAFED, que se imparte no propio centro.

(*) OSCAR ROITMAN :
· Natural de Mendoza ( Argentina )
· Profesor de educación física.
· Ex integrante da selección Absoluta de tenis de mesa do seu país.
· Ex seleccionador e coordianador das categorias de base da selección Argentina  · Participou no campeonato Mundial de tenis de mesa de Goteborg no ano 1993
· Participou en cursos e congresos relacionados con esta modalidade deportiva en
Argentina, Venezuela, USA, Guatemala, España e Hungría.
· Dende hai dous anos é director deportivo do Club lucense da 1º división galega “
Dez Portas “ , que conta con 108 deportistas e que pretenden impulsar o tenis de
mesa por todas comarcas da provincia ( A Mariña incluida).