Normalización

CONFERENCIA DE PACO PIÑEIRO ÓS ALUMNOS DE 2º DE BAC

FRANCISCO PIÑEIRO GONZÁLEZ : ESCRITOR, DRAMATURGO, ENSAÍSTA, ACTOR...

 Un dos autores de referencia da lteratura galega das dúas últimas décadas.

Os alumnos de 2º de BAC ( algúns ex-alumnos del) tiveron o privilexio de asistir a unha conferencia  na que nos explicou  a evolución do teatro na Mariña desde principios do século XX até os nosos días. Percorrendo cada concello desde Ourol a Ribadeo foi explicando a arte do teatro afeccionado, o labor das Irmandades da Fala na normalización do xénero, o cáseque silencio imposto polo réxime na posguerra, a lenta recuperación nos anos 80 e 90 e a situación dos grupos de teatro afeccionado na Mariña actualmente.

O PROFESOR  foi desenvolvendo coa súa didáctica estes últimos cen anos da nosa historia dramatúrxica, enganchando aos rapaces  co seu saber  e o seu discurso sempre ameno e optimista. Todos disfrutamos da súa lección maxistral. 

 

TEATRO DE MONICREQUES

Un ano máis @s alumn@s do club de lectura do centro dirixen e dinamizan un teatro de
monicreques dirixidos ó alumnado de 4 anos do CEIP Vista Alegre co obxectivo de achegar
á estos un intre de diversión e entretemento didáctico a través dunha pequena peza teatral
onde distintos persoaxes cobran vida grazas as habilidades dos protagonistas, todos
alumn@s deste centro, e da lectura doutros contos infantís tamén por parte d@s propios
alumn@s do Club de lectura.
A actividade forma parte do proxecto didáctico anual do Club de Lectura dirixido pola
bibliotearia do centro Cecilia Martín

VIAXE A SANTIAGO

A viaxe a Santiago foi o día 10 de maio. Organizamos entre a Biblioteca e Normalización e levamos as rapazas do Club de Lectura. Pola mañá fomos a Santo Domingo de Bonaval , onde vimos o Panteón de Galegos Ilustres e asistimos á actuación do grupo de Cámara SON DE NÓS. Puxéronlle voz a textos de X. Díaz Castro, Curros, Rosalía....no medio doutros autores doutras linguas.

Pola tarde levámolas ao teatro ver a obra ROBINSON, un espectáculo divertido co que rematamos o noso día en Santiago.

LETRAS GALEGAS 2014

Poeta ao que lle renden tributo as Letras Galegas 2014, no ano no que se conmemora o centenario do seu nacemento.

“Xosé María Díaz Castro naceu o 19 de febreiro do 1914 n’O Vilariño, lugar de San Vicente d’Os Vilares, Concello de Guitiriz, Lugo. Seus pais, Isidro Díaz e María Castro, labregos, tiveron catro fillos: Antonio, María, Xosé María e Serafín. Na escola da súa parroquia aprendeu as primeiras letras. Aos dezaseis anos estreouse cun poema en castelán na revista Lluvia de rosas de Tarragona, na que seguiría colaborando moi esporadicamente. En 1929 ingresa no Seminario de Mondoñedo, onde cursa tres anos de Latín e Humanidades, outros tres de Filosofía e dous de Teoloxía. É alí onde confirma a súa vocación de escritor, segundo el mesmo manifestou.
   
   

 

    

Premio Certame de Narración e Debuxo Letras Galegas 2014-

Burela, 21 de maio de 2014- A Delegación Municipal de Cultura, a través da Biblioteca pública municipal de Burela, organizou o Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2014 na súa fase local. No mesmo participaron nen@s do Concello coas súas obras sobre o tema Cociñando Contos.

Os traballos premiados nesta fase local, participarán na fase provincial do certame, convocada pola Biblioteca de Lugo.

Os gañadores son:

Narración- Categoría C (de 12 a 16 anos)

1º premio: Irene Rico Gómez. 15 anos. IES Monte Castelo

2º premio: Lorena Barrera López.15 anos. IES Monte Castelo

O Correlingua en Foz

A décimo cuarta edición do Correlingua na Mariña celébrase estehttp://cdncache-a.akamaihd.net/items/it/img/arrow-10x10.png venres 16, en Foz. A «carreira» en defensa do galego, cuns mil estudantes, arrancará ás 11.00 dende Llas e rematará no porto, nunha gala presentada por Isabel Risco, coa actuación da banda Colectivo Bomba e outras de alumnos do Perdouro e Marqués de Sargadelos. Len o manifesto os do Ceip 1.

Amigos da Gaita Galega de Ribadeo súmase tamén o día 16 á conmemoración das Letras Galegas co III Festival Infantil que terá lugar no Teatro ribadense a partir das 20.00 horashttp://cdncache-a.akamaihd.net/items/it/img/arrow-10x10.png e que contará coas actuacións de nenos e nenas dos grupos folclóricos Ledicia de Burela máis Amado Lar de O Valadouro e, por suposto, do anfitrión Amigos da Gaita Galega.

Por outro lado, o Ceip San Cosme en Barreiros celebrará tamén mañá, venres, as Letras Galegas lembrando a Xosé Mª Díaz Castro cunha videoconferencia na aula CeMIT ás 12.00 e co mindoniense Fran Bouso sobre Leiras Pulpeiro.

E en Viveiro, o Casinohttp://cdncache-a.akamaihd.net/items/it/img/arrow-10x10.png acollerá mañá ás 20.00 outra cita máis das Letras. Haberá música, charla da profesora Isabel Mª Barcón sobre Xosé Mª Díaz Castro e peche musical do acto co gaiteiro David Bellas.

Concerto: No camiño da lingua

 

O grupo volca SonDeNós, procedente de A Mariña, interpeta obras musicais de Xoán Montes, Julio Domínguez e Plácido Travieso con textos de Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Manuel Antonio e Séchu Sende. - See more at: http://quehacerensantiago.com/evento/es/concerto-no-cami%C3%B1o-da-lingua#sthash.d9JyxIQJ.dpuf

O grupo volca SonDeNós, procedente de A Mariña, interpeta obras musicais de Xoán Montes, Julio Domínguez e Plácido Travieso con textos de Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Manuel Antonio e Séchu Sende.

O grupo volca SonDeNós, procedente de A Mariña, interpeta obras musicais de Xoán Montes, Julio Domínguez e Plácido Travieso con textos de Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Manuel Antonio e Séchu Sende. - See more at: http://quehacerensantiago.com/evento/es/concerto-no-cami%C3%B1o-da-lingua#sthash.d9JyxIQJ.dpuf
10 Mayo 2014 (12:30)

Textos de Rosalía, Curros, Manuel Antonio...

- See more at: http://quehacerensantiago.com/evento/es/concerto-no-cami%C3%B1o-da-lingua#sthash.d9JyxIQJ.dpuf

IV Maratón de lectura Buril

Celebración do Día do Libro 2014 -IV Maratón de lectura Buril

Mércores 23 de abril- Alumnos de 3º e 4º de ESO participan no IV Maratón de Lectura de Buril, actividade organizada polo Concello de Burela, que consiste nun maratón de lectura en lingua galega dun autor/a literario galego escollido para a ocasión no Salón de plenos da Casa do Concello de Burela.

 

 

Eventos

« Abril 2014 »
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
  1 2 3 4 5 6
7  

Proxecto Neo nº 90.3 Especial Día do Libro

Neste programa falouse do Maratón de Lectura organizado polo Colectivo Cultural Buril. Simón fíxonos unha crónica do desenvolvemento da actividade e máis tarde puidemos escoitar o son da emisión en directo das lecturas realizadas durante a mañá. Foi unha das primeiras ocasións en que Radio Burela recolleu ao vivo o desenvolvemento dun acto cultural.
Despois de escoitar un par de pezas musicais seleccionadas por Maca Ledo, falamos con Ledicia Costas, xurista e escritora viguesa. A autora de Unha estrela no vento -a obra á que dedicamos a lectura matutina- atendeunos en plena viaxe en tren, mais tivemos a fortuna de superar todos os obstáculos da conexión.
Na última parte do programa recibimos a visita da profesora Carme Cociña, que fixo a recomendación de diversas obras de lectura. Falounos de libros para familias con nenos e nenas de menos de 10 anos. Despois tamén comentou obras para o período comprendido entre os 10 e os 15 anos; e, por último, comentou diversos libros considerados para persoas adultas. Finalmente, a pregunta de Safou, compartiu con nós os títulos dos libros que máis a influenciaron a ela.

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

Hoxe, 2 de abril, celébrase o Día Internacional do Libro Infantil data escollida por ser o nacemento de Hans Christian Andersen e co ánimo de inspirar o amor polos libros e chamar a atención dos cativos e cativas.

Parahttp://cdncache-a.akamaihd.net/items/it/img/arrow-10x10.png conmemorar este día, o IBBY (Internacional Board on Books for Young People) encarga unha imaxe e un texto a un autor, e neste ano as elexidas foron autoras irlandesas as que poñen rostro e voz ao libro infantil e á lectura comohttp://cdncache-a.akamaihd.net/items/it/img/arrow-10x10.png actividad esencial na formación das persoas: Siobhán Parkinson é a autora do texto "Carta aos nenos do mundo" e Niamh Sharkey ilustra o cartel conmemorativo.

 

 

 

 

Distribuir contido