Normalización

Proxecto Neo nº 84.3 - Gabriela

Entrevista a Gabriela, a moza de 14 anos que chegou da Romenia e nos leu con emoción en directo o "Panchito" de Castelao

Chegou das Américas un home rico e trouxo consigo un

negrito cubano, coma quen trae unha mona, un papagaio, un

fonógrafo…

O negrito foi medrando na aldea, onde deprendeu a falar con          

 

enxebreza, a puntear muiñeiras, a botar aturuxos

abrouxadores.

Un día morreu o home rico e Panchito trocou de amo para

ganar o pan. Co tempo fíxose mozo cumprido, sen máis chatas

que a súa cor… Aínda que era negro coma o pote, tiña graza

dabondo para facerse querer de todos. Endomingado, con un

caravel enriba da orella e unha pola de malva na chaqueta,

parecía talmente un mozo das festas.

Unha noite de estrelas xurdiu no seu maxín a idea de saír polo

mundo á cata de riquezas. Tamén Panchito sentiu, como todos

os mozos da aldea, os anceios de emigrar. E unha mañá de

moita tristura gabeou polas escaleiras dun transatlántico.

Panchito ía camiño da Habana e os seus ollos mollados e

brillantes esculcaban no mar as terras deixadas pola popa.

Nunca rúa da Habana o negro Panchito tropezou cun home da

súa aldea e confesoulle saloucando:

-Ai, eu non me afago nesta terra de tanto sol; eu non me afago

con esta xente. ¡Eu morro!

Panchito retornou á aldea. Chegou pobre e endeble; pero

trouxo moita fartura no corazón. Tamén trouxo un sombreiro

de palla e máis un traxe branco…

 

 

Conferencia de Sabela González Panizo

Venres 28 de marzo de 2014 na sala de usos múltiples do instituto Sabela González Panizo impartiu unha conferencia na que falará da súa última obra "As crónicas de Landereina", libro de lectura para os alumnos de 3º de ESO que asisten á charla.

Sabela é unha ex alumna do IES Monte Castelo, redactora e ilustradora da revista Chachachastudio e escritora na Editorial Galaxia, ademáis de técnico de Proxectos internacionais de I+D da Universidade de Vigo.

Esta actividade está organizada polo departamento de normalización lingüística.

   

8 de marzo: DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Como todos os anos, este tamén facemos a nosa particular homenaxe á "METADE ESQUECIDA DA HUMANIDADE". As nosas nais, avoas e antepasadas, maioritariamente alleas ao devir dos acontecementos políticos, pero absolutamente imprescindlbles se queremos entender a historia da humanidade, se queremos saber onde temos afincadas unha parte das nosas raigames.

Un século despois de Rosalía ter escritos os poemas que integran o seu libro de FOLLAS NOVAS,  naceu en Burela HERMINIA PERNAS OROZA,  unha extraordinaria exponente do ideal feminino que Rosalía nos propuxo.  A través da súa traxectoria persoal e profesional podemos o verdadeiro cambio social que Rosalía soñara: non se trata só da igualdade declarativa ou teórica senón do exercicio da mesma. O pensamento e a praxe feminista están perfectamente definidos na súa personalidade, na demostración de que a igualdade de oportunidades, a conciliación coas tarefas doméstico-familiares...son posibles.
O seu último traballo como investigadora: HISTORIA DAS MULLERES EN GALICIA ( ÉPOCA CONTEMPORÁNEA) é un magnífico exemplo do se amplo labor bibliográfico. Todos podedes ver o seu currículum na páxina GALEGOS.Info.
É un auténtico luxo contar con ela no noso centro, tanto como profesora como compañeira. O seu enorme potencial humano desborda todo comentario.

24 de febreiro, Día de Rosalía de Castro

O 24 de febreiro celebramos, como todos os anos, o día de ROSALIA. Un dos grandes méritos da nosa compatriota radica xustamente en resemantizar o universo humano rompendo estereotipos, reasignando o papel e o valor das mulleres, cortando todo tipo de segregacións, denunciando a dupla ou tripla xornada laboral, a sentimentalidade preterida ou ofendida...e tantos outros aspectos invisibles que ela se preocupou de facer emerxer literariamente.

Se este aspecto da nosa autora se tivese considerado adecuadamente teríamos garantida a posibilidade de que se fixese xustiza a unha realidade económica, sociolóxica e psicolóxica onde as mulleres galegas brillaron non pola súa ausencia senón pola carga abusiva do traballo produtor e reprodutor; por seren, en termos masivos, sostén da casa e da facenda, vítimas da ausencia masculina, responsables de tantas familias monoparentais, buscadoras de recursos e solucionadoras de problemas de toda índole. O pensamento rosaliano demostra que a igualdade de oportunidades, a igualdade salarial, a conciliación coas tarefas doméstico-familiares...son posibles e isto fainos pensar que " Un mundo mellor para todas e todos é posible".

Carme Cociña

Proxecto Neo

 

Homenaxe a dous grandes da Mariña: Manuel Leiras Pulpeiro (do tránsito entre os séculos XIX e XX) e Álvaro Cunqueiro (da xeración das Vangardas ou da do 36, segundo o xénero literario a estudar).

Primeiro conversamos con Rebeca Maseda Longarela, a violinista mindoniense da Orquestra Sinfónica de Galiza. Atendeunos desde A Coruña, xusto antes de entrar para un ensaio, e nós recibímola cun poema de Álvaro Cunqueiro, a través  das palabras da profesora      Carme Cociña ciña (Xove, 1963) é licenciada en Filoloxía Románica (1985) e Galego-Portuguesa (1987) pola Universidade de Santiago de Compostela. Tras ter exercido a docencia en Escolas de Idiomas e en centros de ensino secundario de Trives e Cedeira, desde 1990 ensina Lingua e Literatura no Instituto Monte Castelo de Burela.
En calidade de coordinadora do Equipo de Normalización Lingüística impulsou o Certame Literario da Mariña.

 

 

Visita do Conselleiro de Educación

O luns 17 de febreiro ás 10 da mañá  no IES Monte Castelo recibimos a visita do Conselleiro de Cultura, Educación e O.U., D. Jesús Vázquez Abad

 
Jesús Vázquez Abad desprazouse ata o IES Monte Castelo, onde o seu departamento leva investido preto de 96.000 euros, fundamentalmente na implantación de programas educativos novidosos. Ao abeiro deste compromiso, o instituto conta con 4 aulas Abalar; e a súa biblioteca escolar leva 6 cursos integrada no Plan de Mellora.

Ademais, o centro vai asinar hoxe mesmo contratos-programa en 2 liñas de actuación, en concreto nas de reforzo, orientación e apoio – na modalidade de apoio en horario lectivo- e na de mellora dos coñecementos para acadar a excelencia. No marco da primeira delas o centro ten previsto organizar actividades de reforzo en linguas vehiculares, técnicas instrumentais básicas, para a organización da axenda escolar, actuacións para promover a motivación do alumnado; así como obradoiros de educación emocional, educación para a Paz ou mellora da convivencia, entre outras accións. No caso da outra das liñas que hoxe asinará o IES Monte Castelo, prevense medidas como un obradoiro de técnicas pictóricas e achegamento ás vangardas artísticas, así como outro de cerámica creativa.

Ver a noticia na web da Consellería: http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/nova/0396/conselleiro-cultura-educacion-anuncia-que-seu-departamento-ten-previsto-executar

** Presentación en Burela do Programa "NATURACCIÓN"

A Consellería de Cultura e Educación, a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre e a Fundación Alcoa colaboran no fomento da educación medioambiental entre o alumnado lucense. O programa ‘Naturacción’ é un subprograma de ‘Voz Natura’ patrocinado pola Fundación Alcoa co respaldo de Alcoa San Cibrao e chegará a máis de 4000 alumnas e alumnos de 29 centros educativos do norte e centro de Lugo.

Burela, 17 de febreiro de 2014.- Na presentación do programa participaron o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad; o director da Fundación, Francisco Sánchez; e o director de Alcoa Primario e de Alcoa San Cibrao, Rubén Bartolomé. Así mesmo estiveron presentes a delegada da Xunta na provincia de Lugo, Raquel Arias; o alcalde de Burela, José González Barcia;o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Manuel Corredoira; o subdirector xeral de Ordenación, Innovación educativa e Formación do profesorado, Manuel Vila; a coordinadora de Voz Natura, Nazareth Díaz; o portavoz do Comité Científico Voz Natura, José Antonio Díaz E Alejandro Diaz Sueiro, membro do mesmo comité; o xefe territorial da Consellería na provincia, José Jesús Ramos Ledo; e o director do IES Monte Castelo, Marcelino Luna; así como o delegado da Voz de Galicia na Mariña, Miguel Sande; e representantes dos centros educativos participantes en ‘Naturacción’.

Actuacións
No marco deste programa organizaranse visitas personalizadas e gratuítas a entidades como museos ou acuarios, así como a actividade ‘Reporteiros ambientais’ utilizando cámaras de vídeo ou móbiles. Ademais, cada centro executará o seu proxecto medioambiental, supervisado polo Comité científico de Voz Natura – integrado por destacadas personalidades do mundo da ciencia e o ensino-; no que se incluirán diferentes accións como exposicións, visitas educativas, limpeza de praias ou recuperación de zonas degradadas, entre outras. Así mesmo haberá cursos de blogs para profesores e o concurso ‘Mellor blog medioambiental’, co fin de difundir o compromiso co entorno natural galego, no marco da comunidade blogueira do programa. O broche final do proxecto será a festa anual de Voz Natura, na que cada primavera se reúnen miles de alumnas e alumnos, docentes e familias, e no que se expoñen os traballos realizados polos centros participantes e se entregan os premios ás iniciativas máis destacadas.

VIAXE CULTURAL A MADRID E TOLEDO

Lugares de interese que visitamos:

Edificio telefónica que está situado na Gran Vía,  é un rañaceos que foi construido para dar a imaxe de grandeza da marca. a súa vez dáballe un toque moderno a cidade. Posteriormente, nada mais rematar a visita no edificio da compañía de telecomunicacións,  dirixímonos ao Palacio do Senado. Visitamos o Palacio da Bolsa e vimos ao pasar pola Cibeles o Banco de España,Palacio Real, Mosteiro do Escorial , Val dos Caídos, Acueducto de Segovia…

 

 

Carlos Reigosa

O venres 7 de febreiro os Equipos de Dinamización Lingüística dos IES PERDOURO e  MONTE CASTELO tivemos a honra de contar coa visita do escritor pastoricense aos nosos centros.

Os alumnos de 2º de BAC e dos CLUBS DE LECTURA  de ambos centros puideron coñecer en vivo e en directo a unha das personalidades máis representativas da narrativa galega contemporánea. 

Partindo das lecturas previas de INTRAMUNDI e  HOMES DE TRAS DA CORDA puidemos disfrutar de ambas relecturas coa óptica privilexiada do seu autor.

" Que así é A Corda .Unha serra para andar de vagar, sen présa; para que os homes, pola mediación da natureza, se aveñan e amiguen consigo mesmos e co seu destino. Uns montes entrañables para quen os coñece e os ama e sofre lonxe deles ( que fóra todo semella cárcere ou deserto). Mais tamén uns montes indescifrables, labirintos de néboa para quen ousa pisalos sen coñecelos, e se perde neles. Que A Corda sabe moito dos seus e acólleos benigna, pero é ás veces apavorante e cruel cos alleos, cos estraños. Como pasa con case tódalas serras galegas, misteriosas, celosas do seu, íntimas...".

A conferencia-coloquio foi o lugar perfecto para a reflexión sobre as orixes de cada un e a importancia que isto ten na vida das persoas.Ese tempo da infancia vivido alén do ben e do mal, seiva nutricia de todas as vivencias posteriores.
Pasados os anos non queda nostalxia nin tristura, o que queda é a lembranza brillante dun tempo infinito e dunhas persoas gravadas a lume, para sempre, na memoria. Podemos subscribir as palabras do grande poeta xermano cando dicía : " a infancia é a verdadeira patria dos ser humano". Höllderlin sabía ben do que falaba ao referirse a esta etapa da vida das persoas.

Rapaces e profesores quedamos enviso escoitando a verba desbordante e rica dun dos grandes da nosa literatura contemporánea. A maxia das súas palabras era o único real naquela acolledora biblioteca do Perdouro. Unha experiencia, sen dúbida, inesquecible para todos os alí presentes. Grazas, Carlos Reigosa, por regalarnos un pouco da túa sensibilidade e sabiduría.

Carme Cociña

 


DÍA DA PAZ

AS rapazas do CLUB DE LECTURA do IES MONTE CASTELO en colaboración co EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA e coa profesora responsable da BIBLIOTECA do centro ( CECILIA MARTÍN TRENOR)  celebraron o DÍA DA PAZ cunha posta en común da lectura correspondente ao mes de xaneiro : O longo camiño hacia a liberdade ( autobiografía de Nelson Mandela). Dada a extensión do volume (661 páxinas) era imposible a lectura completa nun mes, por iso decidimos limitarnos a algunhas partes, entre as que destacamos RIVONIA, ( os precedentes da súa longa estadía no cárcere). Aquí puidemos descubrir o seu pensamento a respecto da PAZ:

"...Nós, os líderes do CNA, conseguíramos que prevalecese a idea de que era necesario evitar a violencia e recorrer a medios pacíficos...sempre defendemos unha democracia non racista, e rechazamos toda medida que puidese separar, aínda máis do que o están as diferentes razas. Pero o feito é que cincuenta anos de pacifismo só conseguiron para o pobo africano unha lexislación aínda máis represiva e unha reducción cada vez maior dos seus dereitos. Tal vez a este tribunal non lle resulte fácil comprendelo, pero é un feito que a xente leva moito tempo falando do camiño da violencia, do día en que entraríamos en combate contra o home branco e recuperaríamos a nosa terra. E aínda así, nós, os líderes do CNA, conseguíramos que prevalecese a idea de que era necesario evitar a violencia e recorrer a medios pacíficos...a herdanza da non violencia e  a harmonía racial do CNA seguía gravitando sobre os nosos pensamentos...a experiencia convenceunos de que u nha rebelión ofrecería ao goberno oportunidades sen límites para un masacre indiscriminado do noso pobo. Precisamente porque o chan de Sudáfrica estaba xa empapado co sangue de africanos inocentes, consideramos o noso deber realizar os preparativos, como proxecto a longo prazo,para empregar a forza co fin de defendernos contra a forza....Os africanos tan só queren unha participación na totalidade do país. Queren disfrutar de seguridade e desempeñar un papel na sociedade...queremos igualdade de dereitos políticos, xa que sen ela as nosas limitacións serán insuperables...É a loita do pobo africano, impulsado polo seu sufrimento e as súas experiencias. É unha loita polo dereito á vida..."


Charla- coloquio

Antía G. Ben é estudante de doutoramento en educación musical na Universidade de Wisconsin-Madison. 

Natural de Burela (Lugo) cursou os seus estudos de Secundaria no IES MONTE CASTELO. Paralelamente estudou violín no Conseratoro Municipal de Vilalba. Obtén o título de Mestra especialista en Educación Musical (2009, PREMIO NACIONAL) e Licenciada en Pedagoxía Social e Laboral (2011, Premio Extraordinario) na USC. En 2011 é becada pola Fundación Barrié de la Maza para estudar un mestrado en Educación Musical na Universidade de Wisconsin-Madison. Especialízase en temas de educación multicultural. En 2012 recibe unha bolsa da Fundación La Caixa para estudar un doutoramento nesa mesma área e universidade.

O mércores 15 de xaneiro volveu ás aulas do Monte Castelo para impartir unha charla- coloquio aos alumnos de 2º de BAC. Utilizando como linguas vehiculares o inglés e o galego explicoulles aos nosos preuniversitarios a súa traxectoria académica e as claves para acadar o éxito nestes tempos tan incertos.

Ter sido profesora dunha alumna como Antía é un privilexio. Alumn@s como ela son a mellor maneira de compensar o noso traballo diario., o verdadeiro recoñecemento á nosa denostada profesión.


Distribuir contido