Normalización

VIDAS MARIÑEIRAS - Gran estrea

O proxecto chega ao sen final. Despois destes tres meses de duro traballo chega o gran día da estrea nos Cines Viveiro. Parabéns rapazas e rapaces!!!

VIDAS MARIÑEIRAS . A montaxe

Despois de ter o material gravado toca comezar a seguinte etapa...a montaxe. Aí vos vai unha mostra das sesións de montaxe.

          

 

                   

 

             

 

 

 

 

 

 

 

                                    

                                             

                                    

 

 

 

 

 

VIDAS MARIÑEIRAS. Primeiras sesións de gravación

Despois de varias sesións desenvolvendo a idea inicial da curtametraxe que imos realizar comezamos a gravación. Todos os integrantes do grupo desprazámonos ao porto de Burela para realizar as primeiras sesións de gravación no Raúl Primero. Grazas a Raúl e ao resto da tripulación por permitirnos compartir estas dúas mañás con vos. 

Déixovos con algunhas fotos destas primeiras sesións de rodaxe.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

VIDAS MARIÑEIRAS

 

         O centro IES Monte Castelo foi seleccionado para participar no programa Vidas Mariñeiras. Un grupo de sete alumnas e alumnos de 1º bacharelato de artes e unha alumna de 4º eso participarán ao longo dos vindeiros tres meses neste programa no que desenvolverán, filmarán e montarán unha curtametraxe que finalmente será proxectada na gran pantalla.

Que é Vidas mariñeiras?

            É un programa pedagóxico que ofrece ao alumnado unha base teórico-práctica e unha formación en técnicas audiovisuais destinada á posta en valor dos oficios tradicionais e paisaxes mariñeiras da costa.

            O programa contempla a selección, titorización e desenvolvemento de varios proxectos cinematográficos que darán como resultado unha serie de filmes representativos da vida e paisaxe na costa, nomeadamente a partir do retrato dos oficios vinculados ao traballo no mar.

            No seguinte link pódense visionar as curtametraxes elaboradas o ano pasado polo alumnado dos diferentes centros seleccionados.

http://vidasmarineiras.gal/peliculas

CORRELINGUA

 O xoves 10 de maio levamos os nosos alumnos de 1º e 2º de ESO á celebración do CORRELINGUA en Mondoñedo.

Previamente, aproveitamos o noso paso por Alfoz para visitar o MUSEO DAS ZOCAS,cuxo directornos impartiu unha brillante e divertida lección sobre o calzado habitual dos nosos ancestros.Unha lección de etnografía cunha fonética galega extraordinaria.


Ás 11 xa estábamos en Mondoñedo cos outros centros da comarca que acudiron.

Unha pequena representación dos nosos ( como dos outros) participou na Carreira da Lingua e,despois , fixemos todos xuntos o itinerario previsto polo casco histórico.

Despois de repoñer forzas e escoitar os grupos de música na praza da actedral,regresamos para estar no noso centro ás dúas.


Unha mañá intensa na que a meteoroloxía colaborou positivamente.

   
   
   

TEATRO PARA A ESO, CON OBRAS DE MARÍA VICTORIA MORENO

O pasado 4 de abril o grupo LIMIAR TEATRO levou a escena a novela de MARÍA VICTORIA MORENO : Anagnórise.

O espectáculo preséntase no desguace a onde chegou o coche de Xulia despois do accidente que lle sega  a vida.

Dous operarios comezan a desmontaxe do coche e cada peza lévanos a un momento da historia:

desde a parada a tomar pulpo nunha feira camiño de Madrid ata o derradeiro café nesta cidade.
Con música en directo, audiovisual e paisaxes sonoras, a escena irá avanzando nunha viaxe imaxinaria entre Galicia e Madrid,

unha viaxe que vai consolidar a amizade dos dous protagonistas : Xulia e Nicolau. A historia vaise tecendo entre o presente e as memorias do pasado.

Cada peza do coche é como unha anagnórise, un recoñecemento que permita o xogo escénico e a transmisión de valores que Xulia vai pasando a Nicolau de xeito moi sutil.
Os rapaces de 3º e 4º de ESO de varios institutos da Mariña foron os destinatarios deste brillante espectáculo.

 

O luns 9 de abril o grupo UBÚ TEATRO levou a escena a novela infantil " Leonardo e os fontaneiros" de M. Victoria Moreno ;

unha preciosa homenaxe á autora das letras deste ano.

 A obra está narrada polo protagonista, Antón, e Begoña, unha compañeira de clase, que lembran, xa maiores, as aventuras acontecidas no seu último ano de colexio.

Polo medio aparece un can da rúa : Leonardo, a quen Antón coida como se fose seu.

Antón, o protagonista, empeza a medrar enfrontándose a temas como a morte, a identidade, a dignidade e a incomprensión por parte dos adultos.

Narración oral, dramatización, teatro de sombras...son algunhas das diferentes técnicas que se empregan para a posta en escena.

E todo isto deixando lugar á improvisación e á interacción co público.

Desta volta foron os rapaces de 1º e 2º da ESO os destinatarios do espectáculo.

   

RECITADO POÉTICO-MUSICAL

Escoller a lingua que ninguén quería para explicar o mundo, para vencer a indiferenza dos altivos, para rescatala da ignominia, para devolvela, viva e latexante,

ao berce dos nosos antepasados, para dar testemuña de que somos nós , os que estamos aquí,  tratando de construír coas túas palabras un mundo mellor para os nosos fillos...

Os nosos alumn@s da ESO  e de 1º de BAC puideron recuperar o 26 DE FEBREIRO as túas palabras recitadas por eles mesmos ou musicadas con distintas melodías,

palabras que falan de futuro, de vida e esperanza. Que coraxe e que loucura naqueles tempos tan escuros e nestes que non o son menos!!!!

Dar conta da vida de teu e dos que contigo estamos.Unha inmersión total no teu universo!

 

   
   

O PERGAMIÑO VINDEL

O venres 9 de febreiro fomos cos nosos alumnos de 4 de ESO, 1º de e 2º de BAC DE VISITA CULTURAL  a Vigo.

Despois de tres horas de bus chegamos ao embarcadoiro de Rande para coller o barco que nos levaría á illa de San Simón.

Alí disfrutamos dunha mañá espléndida despois de toda a semana de neve e frío.

Dúas guías leváronnos e fóronnos explicando a historia dese emblemático lugar: desde a súa relación coa lírica trobadoresca

(MARTÍN CÓDAX, MENDINHO E JOÁM DE CANGAS), pasando polo lazareto no que se converteu nos séc. XVIII  e XIX,

até a súa conversión en campo de concentración na guerra civil e a primeira parte da ditadura.

Despois dun paseo magnífico pola ría, o barco deixounos no embarcadoiro do porto para irmos xantar nun centro comercial e visitar o MUSEO DO MAR.

De novo, unha guía conduciunos por todo el até chegarmos ao manuscrito que motivou a nosa viaxe a Vigo : O PERGAMIÑO VINDEL.

Rodeado doutros documentos da época, aproveitamos para facer un repaso da etapa áurea da nosa literatura.

Resultou moi emotivo poder ver de cerca esta xoia da nosa lírica:letras, músicas e miniaturas medievais non se poden ver todos os días.

Ao remate, visitamos o AQUARIUM e unha exposiciónhistórica temporal que había no museo.


Despois doutras tres horas, regresamos a Burela sobre as dez da noite

   
   
   

PROXECTO NEO

As profesoras do IES Monte Castelo Carmen Cociña e Begoña Raposo asisten ó programa NEO de radio Burela,

a finalidade era intercambiar coñecementos sobre a radio e o ensino. Unha experencia moi satisfactoria que anima a repetir. 

O APALPADOR

Para rematar as actividades do primeiro trimestre, veu visitarnos O APALPADOR.

Coa súa barba roxa, o seu caiado,a súa boina e a súa pipa, chegou ao centro un pouco despistado.

Ben é verdade que logo se situou e conseguiu atraer a atención dos pequenos de 1º de ESO

con bromas e cuestións varias.

Faloulles do seu mundo, alá na alta montaña lucense, do seu traballo,

do seu parentesco con Papá Noel, Sta. Claus e outros personaxes deste ciclo do ano.

Finalmente, reparteulles galletas de nata feitas por el como agasallo para estas datas.

Distribuir contido