Normalización

O COMPROMISO COA LINGUA MÁIS ALÁ DAS MEDIDAS DE CARA A GALERÍA

O mércores 20 de decembro de 2017 os alumnos de 1º de BAC  asistiron a unha conferencia do profesor do IES PERDOURO, Bernardo Penabade Rei .

O presentador do acto foi o alumno de 1º B Edilson Tavares Sanches, asiduo colaborador do programa musical de Radio Burela " NOVAS VOCES DO NOSO MUNDO".

Partindo dunha breve historia da nosa lingua, o profesor espuxo a necesidade de construír unha Europa desde os pobos.

O respecto á diversidade , a eco-lingüística en tanto que patrimonio irrenunciable da humanidade enteira.

Este posicionamento implica que debemos manter, conservar e promover a nosa lingua. Para isto pon como exemplo o MODELO BURELA,

o traballo que el leva desenvolvendo cos seus alumnos do Perdouro desde hai unha década.

Aínda que o futuro non sexa optimista, estamos convencidos de que outra realidade é posible para a nosa lingua.

AS AVENTURAS DE GALE

Os monicreques de A XANELA DE MAXÍN representaron para os rapaces de varios IES da Mariña AS AVENTURAS DE GALE.
A PROTAGONISTA, GALE, ( A LINGUA GALEGA), conducirá as nenas e nenos a través da súa historia para que lle axuden a repartir

ese gran tesouro que protexe con tanto mimo: palabras, expresións, dicires e unha maneira única de ser e descubrir o mundo.

Unha historia chea de aventuras e desventuras que nos axudará a comprender a gran riqueza que supón a nosa cultura.
Gale pasa por diferentes etapas, unhas de esplendor e outras de moita penuria pero foi chegando aos nosos días. Aínda que

actualmente non está no seu mellor momento, diríxese a nós para que a axudemos e continuemos o noso camiño collidos da súa man

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO ACTOS NO VENRES 24 DE NOVEMBRO

O venres 24 de novembro todos os centros de ensino de Burela e varias asociacións participaron activamente no DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

A intención era tratar de sensibilizar os máis pequenos facéndoos participar activamente para que, cando cheguen a grandes, traten de mellorar a situación presente.

Está visto que co mundo dos adultos é case imposible mudar o estado da situación.

Por iso estamos convencidos de que o futuro será mellor se logramos educar ben os pequenos.

Educar en valores forma parte do noso labor de mestres porque cremos nos rapaces e cremos que un mundo mellor é posible!!

 

   
   
   
   

REPRESENTACIÓN TEATRAL CON TROPA DE TRAPO O MARTES 21 DE NOVEMBRO

Foi un espectáculo cheo de esperanza, humor, amor, pequenas loitas posibles e grandes soños no horizonte.

O conto das mulleres dunha aldea galega que aprenden a andar en bicicleta ou a historia real da PREMIO NOBEL DA PAZ,

Ellen Jonhson Sirleaf,  fálannos de cooperación e solidariedade e convídannos a unha reflexión sobre o mundo que nos rodea.

A través destes dous contos, o actor e a actriz montan un coloquio cos alumnos para levalos a cuestionar moitos comportamentos e pensamentos.

O espectáculo convértese nun xogo onde a retranca, o humor e a música en directo,acompañan o coloquio que nos conduce á reflexión sobre a violencia de xénero.


Trátase de disfrutar, sentir e pensar para poder mellorar un pouco o mundo.

     

XVI MAGOSTO O 17 DE NOVEMBRO

Primeiramente, os alumnos do ciclo de TAFAD realizaron xogos tradicionais cos rapaces,

coa finalidade de que coñezan como era a actividade lúdica dos seus antepasados.

Ao remate repartíronse as castañas asadas para que comprendesen e disfrutasen da festa do outono por excelencia.

Todo isto acompañado da nosa música tradicional: A QUENLLA, TERIXADURA, LEILÍA...

É importante coñecer de onde vimos para saber a onde imos.

 

 
   
 
   
   

VIAXE DIDÁCTICA A FERROL E CORUÑA

O Martes 16 de maio, organizado polos departamentos de Dinamización Lingüistica, Xeografía e Historia e Tecnoloxía, realizouse con alumnos de 3º,4º ESO e

1º Bac de tecnoloxía industrial I, unha visita ás instalacións do ársenal militar de Ferrol con visita a unha fragata da Real Armada Española e ao Castelo de San Felipe.

En Coruña visitamos o miradoiro de San Pedro e o casco antigo. Á noitiña asistimos a unha obra no teatro Rosalía de Castro, O tolleito de Inishman de Candido Pazó.

CORRELINGUA 2017

Un bo número de centros de Ensino de Primaria e Secundaria participaron un ano máis no Correlingua que este ano se celebrou en Viveiro. O IES Monte

Castelo axudou na organización e planificación das carreiras que foron todo un éxito!!.

VISITA A SANTIAGO DE COMPOSTELA CON 4º ESO

O venres 24 de marzo os departamentos de HIstoria e Normalización Lingüistica levamos os alumnos de 4º ESO de visita cultural a Compostela: Parlamento de Galicia,

paseo de FErradura, Museo do Pobo Galego, Catedral, Fonseca e a FAcultade de Historia foron os lugares escollidos para o periplo. Tivemos sorte coa climatoloxía e saíu

todo como está previsto, incluso mellor

   

PROXECTO NEO CON EDILSON SANCHES TAVARES

O noso alumno Edilson Sanches Tavares de 4 ESO participa todos os venres

ás 7 da tarde no programa de Proxecto Neo "Grandes Voces do Noso Mundo".

Un pracer inmenso gozar do seu bon facer habida conta que só leva 2 anos

en Burela.

CONFERENCIA DE HERMINIA PERNAS

Herminia Pernas Oroza  é unha extraordinaria exponente do ideal feminino que Rosalía nos propuxo hai 150 anos.

A través da súa traxectoria persoal e profesional podemos ver o verdadeiro cambio social que Rosalía soñara.

Non se trata só da igualdade declarativa ou teórica senón do exercicio da mesma.

O pensamento e a praxe feminista están perfectamente definidos na súa personalidade,na demostración de que a igualdade de oportunidades

, a igualdade salarial,a conciliación coas tarefas doméstico-familiares...son posibles e isto fainos pensar que UN MUNDO MELLOR É POSIBLE PARA todos e todas.

   
 
 
Distribuir contido