ENCONTRO COA ESCRITORA ANTÍA YÁÑEZ

O pasado 21 de Febreiro o alumnado do IES Monte Castelo participou nun encontro coa escritora burelesa Antía Yáñez (Burela, 1991). Antía Yáñez é enxeñeira de camiños, aínda que nunca exerceu a profesión. Na actualidade reside en Cecebre onde xestiona unha academia ademais de realizar obradoiros literarios para rapaces. Entre os premios acadado cabe destacar o premio Illa Nova no ano 2018 coa obra Senlleiras, obra que leu o alumnado do centro. Nesta obra relátase a historia de dúas mulleres, Alana (moza pobre) e Alda (influencer), en tempos diferentes, comezos do século XX e comezos do século XXI, pero cun mesmo problema, o maltrato dos seus homes.