Artes Plásticas

PROFESORADO DO CURSO ACADÉMICO 2023/2024

Materias do Departamento de Artes Plásticas en Bacharelato.

Exposición do alumnado de Debuxo Artístico II

O interior do noso instituto, co seu xogo de luces e sombras a as súas formas xeométricas que crean perspectivas, adquire un singular protagonismo da man do alumnado de Debuxo Artístico II, de 2º de Bacharelato, que nos invita a unha singular e fermosa exposición, na entrada principal do noso centro, coa que o recinto do IES do Milladoiro se converte nun obxecto de beleza.

INSTRUCCIÓNS PLÁSTICA SETEMBRO 2021. 1º ESO e 3º ESO.

Proxecto colaborativo de Plástica

Para acceder ao documento, premer a continuación: Proxecto colaborativo de Plástica

CINEMA EN CURSO: "DE MILLADOIRO A SEIDÓN", UN DOCUMENTAL SOBRE A MEMORIA DO MILLADOIRO

 

O día 16 de xuño asistimos na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela á estrea do documental De Milladoiro a Seidón realizado polo alumnado de 1ESOD. Foi un momento moi emocionante no que o alumnado, convertidos/as en cineastas, presentou o resultado do laborioso traballo realizado durante o presente curso dentro do programa Cinema en curso, do Plan Proxecta de Innovación Educativa (Xunta de Galicia). O día 19 tivemos a sorte de proxectar con familiares, amigos/as, veciños/as e docentes no Centro Sociocultural do Milladoiro. Achegamos imaxes de ámbolos dous actos e tamén vos invitamos a ver o documental, para quen non puidese achegarse, dende as vosas pantaias. 

Velaquí os resultados do proxecto:

De Seidón a Milladoiro

Este curso o Departamento de Artes Plásticas conseguiu ser seleccionado no proxecto Cine en curso. Participaron ademáis dúas profesoras de Francés e de Xeografía e Historia respectivamente que impartiron docencia no grupo 1ºESO-D, co que se desenvolveu o proxecto. Foron uns meses de intenso traballo para o alumnado e o profesorado, pero pagou a pena e á vista está o resutado: Un documental sobre a memoria de O Milladoiro que arrincou os aplausos do público na súa estrea na Cidade da Cultura e na Casa de Cultura de O Milladoiro dous días despois.

De Milladoiro a Seidón IES do Milladoiro (Milladoiro), Cinema en curso 2016-2017 from Cinema en curs on Vimeo.

 

O alumnado de plástica de 4º de ESO interpretan os murais de Detroit de Diego Rivera

O alumnado de Ed. Plástica, visual e audiovisual expón a súa interpretación dun detalle dos Murais de Detroit que Diego Rivera pintou entre 1931 e 1932. Cada grupo traballou unha das seis partes na que se divide o mural cunha técnica e un procedemento diferente pero tiña que estar en todo momento coordinado co resto dos grupos para que, ao xuntar as divisións, acadaran unha unidade de forma e cor. Parabéns aos artistas por este traballo cooperativo!

Exposición de trabajos de 3º ESO

Mostra de traballos do alumnado de Debuxo ArtísticoI

ACTIVIDADE DO ALUMNADO DE 3º ESO PARA CONCIENCIARNOS DO COIDADO DO NOSO CENTRO

Dentro das accións que se están a realizar no Instituto para mellorar a limpeza e o coidado das nosas instalacións (Olimpíada da Convivencia http://www.edu.xunta.gal/centros/iesmilladoiro/node/511, carteis pola convivencia http://www.edu.xunta.gal/centros/iesmilladoiro/node/494, entrevista ás señoras da limpeza http://www.edu.xunta.es/centros/iesmilladoiro/node/507), o alumnado de 3º da ESO, da man da profesora Ana Carballo, do Departamento de Artes Plásticas, vén de construír un "monstro" co lixo atopado no centro. Fixeron, ademais, uns carteis valorando positiva ou negativamente actos cotiáns que contribúen a manter o centro limpo ou, pola contra, a que sexa un espazo pouco agradable para convivir.

obradoiro de fotografía con 1º de ESO

 

 

 

Obradoiro de Fotografía

Dentro da actividade creativa do MACUF, obradoiro de fotografía a cargo de Fran Herbella.

A actividade está organizada polo departamento de Plástica e terá lugar segundo o seguinte horario:

     * 9:00-12:00:  1º ESO D

     * 13.00-14:30 e de 16:30 a 6:00 : 1º ESO C

     * lugar de celebración: aula de plástica

A CREATIVIDADE

Que é a creatividade? Podemos aprender a ser creativos? Son creativos só os artistas?

Interesante programa de REDES sobre este tema. Pódelo ver aquí

 


Distribuir contido