Lingua Galega e Portugués

Saída ao teatro: I´ll be watching you (hei estar vixiándote)

O alumnado de 4º ESO tivo a oportunidade de asistir, na Casa da Cultura de Bertamiráns, á representación de I´ll be watching you (hei estar vixiándote) da compañía Chévere. Trátase dun proxecto teatral, lúdico e musical que analiza os roles de xénero transmitidos polas cancións amorosas da música comercial de consumo masivo. Esta actividade foi financiada polo CIM do Concello de Ames como parte das actividades organizadas para loitar contra as violencias de xénero. Vídeo

Saídas ao teatro

O 23 de outubro o departamento de Lingua Galega e Literatura levou ao alumnado de 2º de Bacharelato ao Salón Teatro de Santiago para asistir á representación de Elisa e Marcela, unha coproducción de A Panadería co Centro Dramático Galego. A semana anterior foi o alumnado de 2º e 3º PMAR o que puido asistir a Arnoia, Arnoia. O circo da casa pequena, unha coproducción de Pistacatro co CDG baseada na obra de X. L. Méndez Ferrín.

Correlingua

O pasado luns 7 de maio os/as alumnos/as de 2º de ESO participaron no CORRELINGUA, a carreira polo galego que se iniciou en Bueu o 2 de maio e rematará en Vigo o 16 do mesmo mes, pasando pola Estrada, A Coruña, Santiago de Compostela, Pontevedra, Lugo, Mondoñedo, Tomiño, Ourense, Monforte de Lemos e Ferrol.

Maleta da igualdade

O Departamento de Lingua Galega realizou co alumnado de 4º de ESO D unha actividade de busca de información e reflexión. Para ela,  utilizaron o contido da "Maleta da igualdade" da Consellería de Cultura e da Secretaría Xeral de Igualdade que a biblioteca do centro ten en préstamo ata o próximo martes 17 de abril.

 

Maleta da igualdade II

DIRECTORIO DE RECURSOS DO DEPARTAMENTO DE GALEGO

Prémase aquí.

Obradoiro de xornalismo

Grazas á colaboración do Colexio de Xornalistas de Galicia, o alumnado de 4º ESO A e 3º ESO B e C tivo a oportunidade de asistir a un obradoiro de xornalismo o venres 23 de marzo. Foi unha actividade organizada polo Departamento de Lingua Galega e a Biblioteca do centro.

Obradoiro de regueifas para 1º de ESO

O alumnado de 1º de ESO participa no proxecto ENREGUEIFATE que une os concellos de Ames, Carballo, Santiago e Teo.

Día de Rosalía no IES do Milladoiro

Club de debate do Concello de Ames

O luns 5 de febreiro comezaron as actividades de formación dos participantes no Club de debate do Concello de Ames.

Saídas ó teatro co departamento de Lingua Galega

 O martes 24 de outubro o alumnado de 2º ESO acudirá ó Salón Teatro de Santiago para asistir á representación de Bicos con  lingua.

 O mércores 25 será o alumnado de 3º ESO quen terá a oportunidade de aplaudir á compañía Talía Teatro coa obra Pelos na lingua.

CLUB DE DEBATE 2017

O pasado venres 10 de marzo o noso centro participou, en Bertamiráns, na fase comarcal do Club de Debate, con 3 equipos, compostos por alumnado de 3º da ESO e de 1º de Bach. Non logramos clasificarnos para a fase final, pero fomos o centro que máis equipos presentou, e competimos moi ben nunha actividade na que se investiron horas de preparación (baixo a coordinación do profesorado do EDLG) e que supuxo unha excelente práctica do que é preparar un tema traballando en equipo e o que implica presentarse ante un auditorio para defendelo. Superamos ben esa fase de nervios e quedamos co bo sabor do traballo ben feito. Parabéns ás nosas alumnas e aos nosos alumnos participantes. [Máis información]

Nova en La Voz de Galicia

RECURSOS DE LINGUA GALEGA PARA 1º, 2º E 3º ESO

LIGAZÓN A RECURSOS DE LINGUA GALEGA PARA 1º E 3º ESO. 

OBRADOIRO DE RADIO DO IES DO MILLADOIRO

OBRADOIRO DE MÚSICA E TEATRO CO ALUMNADO DE 1º ESO NO FEIRÓN DAS LETRAS GALEGAS

CORRELINGUA 2016

VISITA GUIADA Á TVG DO ALUMNADO DE 1º ESO C e D

CONFERENCIA: "A emigración galega a Cuba e o papel das sociedades de Calo e Biduído"

O xoves 11 de febreiro o alumnado de 1º e 2º de bacharelato asistiu á conferencia "A emigración galega a Cuba e o papel das sociedades de Calo e Biduído" ao coidado do conferenciante Sixto Gómez Echemendia, filólogo, historiador e investigador.

Correlingua 2015

Un grupo de 154 alumnos e alumnas de 1º e 2º de ESO, acompañados por sete profesores/as, mollámonos o día 4 de maio na defensa da nosa lingua. Desafiando a chuvia inclemente que caeu sobre Compostela, participamos no Correlingua e gañamos o concurso de animación.  Regresamos empapados/as, pero contentos e cargados co noso premio: camisetas, atlas, libros, material audiovisual e entradas para o teatro. Fomos os que máis animamos e a nosa canción a que máis se oíu durante a marcha. O curso que vén pensamos repetir! 

Velaquí vos deixamos o noso grito de guerra, que espantou a chuvia de Compostela:

 A CANCIÓN DA TROPA

Tamén saímos na Voz de Galicia

Presume de Lingua

Vídeos gañadores da campaña publicitaria "PRESUME DE LINGUA". Parabéns a todos os participantes.

           
  1º PREMIO   2º PREMIO   3º PREMIO

Asistencia do alumnado de 3º e 4º ESO á obra de teatro "Pelos na lingua"

Asistencia do alumnado de 2º ESO á obra de teatro "Bicos con lingua"

O alumnado

Libros de lectura

Listaxe de libros de lectura 2014-2015

Distribuir contido