Rede do IES do Milladoiro

OBRADOIRO DE TELEVISIÓN DO PROXECTO ESCOLAS SEN RACISMO

Asemblea de Cooperación Pola Paz (ACPP) é unha organización non gobernamental para o desenvolvemento (ONGD) que impulsa tanto proxectos de cooperación nos países do Sur como accións de sensibilización no Norte. ACPP leva varios anos promovendo en Galicia e en todo o Estado as Escolas sen Racismo, un movemento internacional que integra a máis de 500 centros educativos de toda Europa. Neste marco, trabállase nas aulas con diferentes metodoloxías a prol da tolerancia, a interculturalidade ou a cultura de paz, entre outros.

Este curso 2015/2016, o obradoiro de TV de "Escolas sen racismo" prolongarase durante 6 semanas e impartirase unha única sesión semanal os xoves de 16:30 a 18:00 hrs. A primeira sesión tivo lugar o xoves 14 de xaneiro e asistiron un grupo de 13 alumnos (11 de 2º ESO e 2 de 3º ESO).

Preme no enlace para coñecer as producións dos nosos alumnos.

OBRADOIRO DE PREVENCIÓN DE VIOLENCIA DE XÉNERO EN 4º ESO

O alumnado de 4º de ESO participará no Obradoiro de Prevención da Violencia de Xénero organizado pola ONGD - ACPP ( Asamblea de Cooperación pola Paz), en dúas horas de titoría no mes de novembro. O obxectivo xeral deste obradoiro é promover a construción dunha sociedade baseada na igualdade de oportunidades entre mulleres e homes a partir do coñecemento, reflexión e comprensión dos factores que sosteñen as desigualdades.


Distribuir contido