REUNIÓN INFORMATIVA PARA AS FAMILIAS DO ALUMNADO QUE SE MATRICULARÁ EN 1º ESO NO CURSO 2017/18

Ás 19:00 horas do vindeiro mércores, 22 de febreiro, terá lugar no Salón de Actos do IES do Milladoiro unha reunión na que se presentará ás familias do alumnado que se vaia matricular no centro en 1º da ESO no curso 2017/2018 as liñas de traballo do Instituto, así como as súas instalacións. A reunión está dirixida ás familias do CEP de Ventín, centro adscrito ao Instituto, pero está aberta a familias doutros centros que poidan estar interesadas nesta información.

CARTA INFORMATIVA PARA ALUMNADO DE VENTÍN