11/11/16-OS DEBERES A DEBATE

O vindeiro mércores 16 de novembro, ás 19:00 horas, terá lugar no Salón de Actos do IES do Milladoiro un debate sobre os deberes escolares, organizado por Nova Escola Galega coa colaboración do Concello de Ames. Participarán Helena Gómez Vecino (presidenta de CONFAPA-Galicia), Fernando Lacaci Batres (vicepresidente da Confederación ANPAS Galegas), Sonia Fernández Casal (profesora e secretaria de Nova Escola Galega) e Eva López Soto (Educadora familiar do Concello de Teo). [Máis información]