Xornada de Portas Abertas na Escola de Arte Superior e Deseño Mestre Mateo

O mércores, 29 de marzo e xoves, 30 de marzo,  a Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo organiza visitas guiadas destinadas a persoas interesadas en estudar na Escola a partir do curso que vén, pensadas para aqueles/as estudantes que queren vir pola súa conta ou acompañados/as polos/as seus pais/nais ou titores... Durante aproximadamente 1 hora e media realizarase unha visita polas instalacións e tratarase de dar resposta ás dúbidas que poidan xurdir.

Por motivos de aforo só se poderá asistir mediante reserva de cita previa. As persoas interesadas en realizar a visita poden reservar día e hora a través da aplicación que está dispoñible desde as seguintes ligazóns:

Quero asistir á Xornada de Portas Abertas o MÉRCORES 29 de MARZO (Seleccionar o turno desexado):

Quero asistir á Xornada de Portas Abertas o XOVES 30 de MARZO (Seleccionar o turno desexado):

 

Para aquelas persoas que non puideran asistir ou que non conseguiran praza para a visita, pódese descargar a Guía de Ensinanzas da EASDMM nesta ligazón:

https://easd.es/wp-content/uploads/2023/03/guia-EASDMM-1.pdf.