Participación de representantes do alumnado na Cabalgata de Reis

A ANPA informa que dende o Concello invitan a participar ao alumnado do IES do Milladoiro na cabalgata de reis do 5 de xaneiro. Os representantes acompañarán aos reis nas carrozas dende as 16:15 ata o remate no Pavillón municipal. Escolleranse 2 representantes por nivel ao chou , quedando o segundo como reserva.

PARTICIPANTES: En todas as aulas hai una folla para anotarse que será retirada o martes 20 no primeiro recreo. O sorteo será público o 21 de decembro no salón de actos ás 10:45.

A ANPA do IES do Milladoiro agradece de antemán a colaboración do alumnado e espera que eses rapaces e rapazas desfruten da xornada.