FELICITACIÓN A ALBA DÍEZ MARIÑO

Recibimos esta semana de novembro coa nova da concesión dun dos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico, correspondentes ao curso 2021/2022, á alumna de 1º de Bacharelato Alba Diez Mariño, actual representante do alumnado no Consello Escolar do noso centro. É o digno recoñecemento ao esforzo e ao traballo dunha compañeira que enche de orgullo a toda a comunidade educativa.