Cuestionarios sobre convivencia escolar. Curso 2020-2021

No  marco  do Decreto 8/2015, de 8 de xaneiro, e  da Lei 4/2011, de  30 de  xuño,  que desenvolve, prevese  a  redacción  e  execución  en  cada  centro  escolar  da nosa comunidade,  dun Plan  de Convivencia  Escolar. Unha  vez  realizadas  as dúas primeiras  diagnoses, vaise proceder  a  unha  actualización  dos  datos  que permita  dar  resposta  ás  distintas  necesidades  educativas. A recollida  de  datos  realizarase  empregando  cuestionarios  en liña  e  que  son  específicos  para  un  dos  colectivos  que  conforman  a comunidade  educativa: alumnado, familias  e persoal  docente  e non docente. Contan  con arredor  de  15  preguntas  e  cun  tempo  estimado  de  10 minutos  para  a  súa  realización. Poderán cubrirse  ata  o 29  de  abril incluído.

Ás  enquisas  accederase  a través  dunha  clave  que permitirá o  acceso  ás  persoas  dun  determinado  colectivo  e  centro, pero  sen  identificalas de  forma  individual. No  caso  das  familias, cada  unha  cubrirá  un único  cuestionario, independentemente  do número  de  fillos/as  ou  titorandos/as  que  estean  matriculados  no  centro.

A  continuación  aparecen  os  enlaces de  acceso  ás  distintas  enquisas e  tamén unha  sinxela  guía  para  a  súa  elaboración:

          Guía  de  elaboración