Distribución de máscaras entre o alumnado de ESO: listaxes provisionais

Publicadas  no día de  hoxe  as  listaxes provisionais  de  admitidos  e excluídos  no procedemento de  distribución  de  máscaras  entre o  alumnado de  ESO. As  listaxes  poden  consultarse  no  taboleiro  de  secretaría, situado  no interior  do  instituto.

En  caso  de  exclusión   na  listaxe  provisional, as persoas  afectadas  poderán  formular  reclamación  ante  o centro  durante  os  días 1  e  2  de  decembro  exclusivamente. A  reclamación  entenderase  resolta  coa publicación  da  listaxe  definitiva.