Distribución de máscaras entre o alumnado

No  DOG  de  hoxe, 13  de  novembro  vén  de  publicarse  a  Orde  do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21.

Alumnado  destinatario:

   1. Alumnado beneficiario da axuda para adquirir material escolar. 

   2. Alumnado  que  pertenza   a unha  familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €  no  exercicio fiscal  do 2018.

   3. Alumnado que  estea  matriculado  en  educación  especial, ou  suxeito  a  tutela  ou  garda  da  Xunta  de  Galicia ou  teña unha  discapacidade  igual  ou  superior  ao 65%, con independencia  da  renda  da  unidade  familiar.

Alumnado exento de presentar solicitude

Non terá que presentar solicitude o alumnado que fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar no curso 2020/21.

Prazo    de presentación  das  solicitudes

O prazo para presentar as solicitudes será de dez  días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG.

Enlace  ao  documento.

 Anexos I  e II