Inicio de curso

Este  curso, polas  especiais   circunstancias nas  que  nos  atopamos, o  inicio  de curso  será  escalonado  segundo  a  táboa  que  aparece  máis  abaixo. O  primeiro  día  só  haberá  unha presentación  cunha  duración  aproximada  de 90 minutos  a  cargo  do profesorado titor, que  explicará  as  normas  para  o  alumnado  adaptadas  ao  contexto  da  covid-19. Os  horarios  de  cada  un dos  grupos  publicaranse ao  longo  do día 22 na  web  co  centro,  no  apartado "Alumnado". Os  responsables  dos  nosos  alumnos/as  tamén  recibirán  unha  mensaxe  a  través  de  abalarMóbil na  que  se  indicará  o grupo no  que  está  o alumno/a  ao  seu  cargo.

As  familias  non  poderán  acompañar  ao  alumnado  dentro  do  recinto  escolar.

O  mesmo  día  da presentación  procederase  á  entrega  de  libros  pertencentes  ao fondo  solidario da  Xunta ao   alumnado de  ESO.

As  clases  comezarán  en  horario  completo  o día  28; ata  ese  día non  haberá  transporte  escolar. O  luns  28  o  alumnado debe  entregar ao seu  titor/a a  Declaración  responsable  covid-19.

Lémbrase  que a  máscara  é  de uso  obrigado.