Fondo solidario de libros de texto: listaxes definitivas

As  listaxes  están  expostas no  interior  do  centro. Os  datos  tamén poden  consultarse  na  aplicación Fondolibros  accedendo  coa  Chave 365  ou  con  certificado  dixital.

A  recollida  dos  vales  de  axuda para  material  realizarase  na  secretaría  do centro  desde o día 15 ata o  30 de  setembro. O  vale  será  entregado  á persoa  solicitante, quen  deberá  identificarse  debidamente (tamén  poderá ser  recollido  por  unha persoa  maior  de  idade  que  conte  cunha  autorización  por  parte  do  solicitante).

A  entrega  ao  alumnado  dos  libros  dos  que  xa  dispoñemos  farase  unha  vez  comezadas  as  clases.