Xornadas de portas abertas virtuais da UDC

A  UDC  vai  realizar  unhas novas  Xornadas  de   Portas  Abertas Virtuais (O  camiño para  inventar  o futuro) o  martes  14  e  o  mércores  15  de  xullo, en  horario  de  10:00h a 14:00h  e  de  16:00 a 20:00h.

Haberá  vídeoconferencias  de  todas  as  titulacións  de  Grao  en  directo  con  chats para  resolver  dúbidas  a  través  de  Teams, testemuños  e  actividades  en liña: retos (con  agasallos para os participantes). Tamén  se  amosará  todo  o  relacionado coa  vida  universitaria:  residencias, deporte,Centro  de  Linguas, cooperación  e  voluntariado...

Non  se precisa  inscrición previa.

Dende  aquí pode  accederse  ás  xornadas  directamente.