IGAXES e ASEIA. Atención ao alumnado e ás súas familias

Igaxes, ONG  coa  que  o centro  vén  traballando  estreitamente, abre  un  canal  de  atención  a familias para  dar resposta  ás  posibles  consecuencias  que  este  estado  de  emerxencia  poida  estar  provocando  no  ambiente  familiar  ou  no  benestar da  mocidade  e  na  súa  saúde  emocional. Desde  Igaxes  séguese  prestando  apoio  vía  telefónica  e  telemática  aos  mozos  e  mozas  que  forman parte  dos  seus  programas. Agora poñen  en  marcha  un  canal de  atención  aberto  a  todas  as  familias  con  fillos  e fillas (sexa cal  sexa  a súa  idade)  durante  a emerxencia. Desde aquí  pode  accederse  ao  contacto.

Do  mesmo xeito, ASEIA (Asociación  para  a  Saúde  Emocional  na  Infancia e  Adolescencia)  mentres  dure o  estado  de  alarma  pon  en  marcha  un  Servizo  de primeiros  auxilios  emocionais para  adolescentes  entre  12  e  18  anos  e  coidadores  de  nenas  e nenos  de 0 a 11  anos  cuxo obxectivo  é  dar  apoio  emocional  e orientación  psicolóxica, social  e  educativa  a  aqueles  menores,  e  aos  seus  coidadores,  que  se  atopen  en  dificultades  de desbordamento  emocional  derivadas  da  situación  de  distanciamento  social  a  causa do  estado  de  alarma  decretado  pola  pandemia  do COVID-19. Desde  aquí  pode  accederse  á  súa  web  con  todos  os  datos  de contacto.