Literatura contra a violencia no 25N

Hoxe, 25 de novembro, celebrouse no noso IES o Día internacional para a non violencia contra as mulleres.

Desde hai un par de semanas o alumnado do EDLG, coa colaboración de alumnado de 1º de Bacharelato e mais de 4º ESO, estivo a preparar esta actividade. Ademais de preparar a cartelaría e mais as pulseiras que se repartiron en 1º ESO o pasado venres, léronse dúas obras que tratan o tema da violencia de xénero: en 4º ESO a novela Senllerias de Antía Yáñez e en 1º de Bacharelato o poemario Dos días escuros de Mª Carme Caramés Gorgal. Esta autora achegouse hoxe ao centro. En colaboración co biblioteca organizouse un encontro co alumnado de bacharelato que lera o citado poemario da autora. 

 

 Durante o encontro  Maica Caramés leu fragmentos da súa obra en prosa e en verso e o alumnado leu algúns poemas dela.