Obradoiro "Habilidades sociais e novas tecnoloxías" de 1º ESO: reunión coas familias

O martes 18 de xuño ás 18:30 teremos a reunión informativa para as familias, coa psicóloga Belén Montesa, responsable deste obradoiro.

Nel, en dúas sesións realizadas en cada grupo de 1º de ESO, conseguiuse:

  • Realizar un diagnóstico da situación do alumnado respecto ás novas tecnoloxías para detectar e avaliar os usos problemáticos.
  • Informar sobre as adiccións tecnolóxicas.
  • Reforzar as habilidades necesarias para o uso correcto das novas tecnoloxías.
  • Previr o seu uso problemático e os riscos asociados.