Xornada de acollida

O venres 7 de xuño recibimos o alumnado que entrará en 1º de ESO o vindeiro curso. Os seus futuros titores do programa TEI (Titoría entre iguais), que actualmente cursan 2º, foron os encargados de acollelos e amosarlles o centro, así como de resolver as súas dúbidas. Xuntos participaron en distintas actividades, desde xogos a experimentos.

Recepción ao alumnado de 6º