Presentación dos vídeos realizados no obradoiro "Youtubers polo cambio social"

Ao longo do mes de novembro o alumnado de 2º ESO E e 3º ESO E participou no obradoiro "Youtubers polo cambio social". Este obradoiro, organizado por AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios) e a ACPP (Asemblea de Cooperación pola Paz), tivo como obxectivo mellorar a conciencia crítica do alumnado e estimulalo a xerar o seu propio discurso.

O cinco de xuño os participantes recibiron os seus diplomas acreditativos e amosaron o seu traballo aos compañeiros e compañeiras doutros cursos. Aquí temos os enlaces para poder ver os vídeos realizados: grupo 1, grupo 2, grupo 3, grupo 4 e grupo 5.