Nin + nin -

O IES do Milladoiro foi un dos centros seleccionados pola Secretaría  Xeral de Igualdade para desenvolver a súa campaña "Nin + nin -", destinada a dar a coñecer a mulleres senlleiras e presentalas como un referente para o alumnado. Ao noso centro acudiu a catedrática de Microbioloxía da USC Alicia Estévez, gañadora do premio Wonenburguer 2018 pola súa contribución á visibilidade das mulleres no eido da ciencia e da tecnoloxía. Deu unha amena charla sobre a súa traxectoria e as súas investigacións a un moi participativo alumnado de 1º ESO. A conferenciante gabou o interese do alumnado e felicitou o seu profesorado de ciencias polo seu labor.