Traballo interdepartamental: Mulleres traballadoras

O proxecto interdepartamental "Mulleres traballadoras" empeza a dar os seus froitos. Na semana do 8 de marzo empezouse coa exposición de traballos realizados en diferentes cursos en distintas materias e linguas.

O obxectivo principal deste proxecto é que o alumnado se informe sobre a vida laboral das mulleres (asalariadas, empresarias, autónomas, paradas...) e, tras unha reflexión, elabore textos de diferente tipoloxía nas distintas materias. Así, contamos con biografías, entrevistas, textos descritivos, etc. Neste proxecto participan os departamentos de Lingua Galega, Lingua Castelá, Francés e Xeografía e Historia.

 

Día da muller