ANPA

Premio "Clases sen fume"

Felicitamos ao grupo de 1º de ESO A, gañadores no Programa Clases sen fume co seu xogo "Tabacopoly". Como premios, unha fantástica viaxe ao Aquapark de Cerceda, e un premio de Innovación educativa á profesora Sara Castro. Felicidades!. Neste enlace podedes ver máis fotos.

Programas de axudas de Libros de Texto para o curso 2015-2016

A gratuidade solidaria de libros de texto para o próximo curso escolar 2015-2016 levarase a cabo mediante dous procedementos:

  1. axudas para a adquisición de libros de texto( 1º e 3º ESO)
  2. fondo solidario (2º e 4º ESO)

Prazos de presentación de solicitudes:

Adquisición de Libros de Texto para 1º e 3º ESO: 25 de xuño a 27 de xullo e 2 de setembro a 2 de outubro

Fondo Solidario para 2º e 4º ESO : 2 de xuño a 30 de xuño

Importante para poder participar nestes programas é cumprir coa obriga de devolver os libros de texto do programa 2014-15.

As datas de devolución serán as seguintes:

Materias aprobadas en xuño: ata o 19 de xuño

Materias aprobadas en setembro: ata o 4 de setembro

Toda a información relativa a estes procesos podedes consultala nos seguintes arquivos:

 

a) Orde do 21 de maio sobre o fondo solidario

b) Orde do 22 de maio sobre adquisición de Libros de texto

c) Instruccións de ámbolos dous procesos

d) Nota informativa

e) Solicitude de Fondo Solidario para 2º e 4º ESO

f) Solicitude de adquisición Libros de Texto para 1º e 3º ESO

 

No IES Laxeiro pintamos moito!

 

 

 

 

 

 

 

 Estamos de noraboa!

A nosa alumna Noelia Vázquez Val de 1º ESO C, resultou galardoada co 1º premio na categoría infantil do IX Concurso de Pintura Fefriga coa súa obra "A seitura".

Felicidades tamén a Anabel Ramos Bendoiro -de 3º ESO- polo seu 5º premio na categoría junior co seu traballo "Mountain Cow".

Mastigamos saúde...

O vindeiro luns 23 de febreiro continuaremos no Laxeiro co segundo periodo de reparto de froita durante os recreos para todo o alumnado do Centro; xa sabedes, a froita estará na entrada do pavillón A.

Trátase dun programa promocionado e subvencionado polo Fondo Galego de Garantía Agraria, (FOGGA), e desde o noso Centro queremos recordarvos a necesidade de manter unha vida sá que se consegue cunha boa alimentación acompañada de exercicio físico diario.

Pantallas Amigas e o IES Laxeiro xuntos para combatir o "Ciberbullying".

Será o día 4 de febreiro no Salón de Actos do IES Laxeiro onde este grupo que cumple agora dez anos de traballo, dará a coñecer as súas experiencias  e iniciativas que teñen como misión a promoción do uso seguro e saudable das novas tecnoloxías e o fomento da cidadanía dixital responsable na infancia e na adolescencia.

O ciberbullying é uha prioridade para PantallasAmigas que xa no 2006 publicou a súa primera guía sobre o asunto. Un grupo que conta co apoio de EDEX , organización non lucrativa de acción social con máis de 40 anos de traxectoria no  impulso do desenvolvemento integral da infancia e a adolescencia.

EDEX é unha organización sen fins de lucro, independente e profesional, comprometida coa acción socioeducativa que naceu en Bilbao en 1973.

O "Ciberbullying" é unha prioridade para Pantallas Amigas que xa publicou en 2006 a súa primeira guía sobre este asunto.

Decálogo por la ciberconvivencia positiva y contra la violencia digital

Unha actividade que dada a súa importancia vai a estar dirixida tanto ao alumnado do centro coma ás/aos nais/pais que así o desexen.

O horario para o alumnado será pola mañá desde as 11:00 horas ata ás 14:30 e pola tarde desde as 16:00 ata as 18:40 horas.

O horario para pais e nais de alumnos será ás 20:00 horas no Salón de Actos do instituto.

Dada a importancia desta problemática actual agardamos que sexa do interese de toda a Comunidade Educativa

 

Sorteo Cesta de Nadal pro "Viaxe fin de curso"

Efectuado o sorteo da Cesta de Nadal o venres día 19 no Salón de Actos do IES Laxeiro , comunicar que o número premiado foi o

                                                                                    2429

noraboa para o afortunado/a e para todos/as

 

                                                     ¡Bo nadal e feliz aninovo!

 

Composición do Consello Escolar do IES Laxeiro tras a renovación 2014

Rematado o proceso de renovación do Consello Escolar, e tras a convocatoria de constitución, así queda configurado para os próximos dous anos o devandito Organo Colexiado do centro

 

Consello Escolar do IES Laxeiro

Calendario renovación parcial Consello Escolar

Tras a reunión de constitución da Xunta Electoral e celebrada a 1ª reunión, aprobouse o calendario de renovación do Consello Escolar do IES Laxeiro que vai ter lugar durante o mes de novembro.

Calendario de renovación

Relación de Libros de texto para o curso 14-15 no IES.laxeiro

Nos arquivos adxuntos aparece a relación de Libros de Texto para o curso 14-15. Calquera dúbida consulten na secretaria do centro. Nesta mesma páxina web poden atopar todo o referente á axuda de libros.

- Relación de libros de texto ESO

- Relación de libros de texto Bacharelato

- Relación de libros de texto Ciclos

- Relación de libros de texto Adultos

Axudas para a adquisición de libros de texto curso 2014-2015

O DOG do 30 de maio de 2014 ven de publicar a Orde do 28 de maio pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos, para o seu uso no curso escolar 2014/15. Presenta dúas novidades importantes con respeto ao ano pasado:

1º.- A finalidade das axudas é exclusivamente  para libros de texto, non para material didáctico nin complementario.

2º.-A obrigatoriedade de conservar en bo estado os libros de texto, para incorporalos, ao remate do curso, a un fondo solidario que se constituirá no centro

Nos seguintes arquivos podedes consultar toda a información relativa a este programa:

 

Distribuir contido