ANPA

Convocatoria de exames para a obtención de carnés profesionais e certificados de cualificación individual

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria,  a través da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa vén de convocar exames para a obtención dos seguintes canés profesionais:

  • Instalador/a de fontanería
  • Operador/a industrial de caldeiras
  • Instalador/a frigorista
  • Conservador/a reparador/a frigorista
  • Instalador /a de productos Petrolíferos
  • Instalador/a de liñas de alta tensión
  • Operador/a de guindastre torre
  • Operador de guindastre móbil autopropulsado
  • Certificado de cualificación individual en baixa tensión
  • Carné profesional en instalacións térmicas de edificios
  • etc..

Requisitos:

  • Estar en idade legal laboral ou ter cumprida a idade mínima
  • Cumprir os requisitos específicos que para cada especialidade se establezan na normativa vixente

Solicitudes:

O modelo de solicitude poderase obter nos departamentos territoriais ou ben na páxina web http://edu.xunta.es/fp

Taxas en concepto de dereitos de exame→ ( importe 38´37 €) validado nunha entidade bancaria

 Prazos e lugares:

Dende o día 13 de xullo ao 23 do mesmo mes

As solicitudes presentaranse nos lugares habituais, sinalados na propia convocatoria

Datas de exames:

A realización non será antes do mes de outubro

Para maior información consultar a páxina web sinalada anteriormente, ou ben nos arquivos que se adxuntan

 

Relación de Libros de Texto do IES.Laxeiro para o curso 2010-2011

Dada a situación creada polo Decreto 79/2010 do Plurilingüismo no ensino, e debido a que ata  mediados de agosto non sairá a Orde que desenvolva a Reposición ou Gratuidade Solidaria, tomouse a decisión de pospoñer ata setembro a publicación das listaxes de Libros de Texto tanto na ESO, coma en Bacharelato e Ciclos Formativos.

Desto xeito tratamos de evitar posibres  malentendidos que provoquen situacións confusas tanto a nivel de librerías coma pais/nais do noso alumnado.

No mes de setembro, nesta mesma canle, sairán publicadas con todo detalle as listaxes de Libros de Texto do IES.Laxeiro.

SIXA, un Sistema Informático de Xestión Académica no IES.Laxeiro

A partires de setembro, no inicio do curso 2010-2011, o IES.Laxeiro porá en marcha un novo plan de xestión académica. SIXA, un programa informático creado por ENXENIO en colaboración coa Facultade de Informática de A Coruña, vai significar un novo paso na vida académica do noso centro.Un programa que vén a completar a Xade e que costituirá unha ferramenta esencial no traballo do profesorado. A través del os profesores , Dirección e Secretaría do Centro poderán xestionar todo o traballo tanto académico coma de titorías e comunicación cos pais/nais do noso alumnado.

Un programa que funcionará tanto a través da rede wifi do profesorado coma a través de terminais coma un móbil PDA ou un simple "pendrive" conectado a un PC para poder traballar dende a propia casa.

O sistema constará de tres módulos ou aplicacións:

  • Aplicación para o profesorado
  • Aplicación para o Equipo Directivo
  • Comunicación coas familias

No arquivo adxunto poderás informarte máis polo miudo do que vai a consistir este proxecto que o IES.Laxeiro , no seu afán de millora continua, porá en marcha no vindeiro curso.

    

Aberto o prazo de reservas para os Ciclos Medios e Superiores

Desde o día 17 de xuño ao 2 de xullo estará aberto o prazo para solicitar admisión en Ciclos Medios e Superiores para o curso 2010-2011.

Nos arquivos adxuntos poderás consultar a información que necesites, así como a Oferta educativa do IES.Laxeiro e os impresos que deberás cubrir para reservar a túa praza.

Postura do Consello Escolar ante a remodelación da avenida Bos Aires

 

Con esta nota queremos facer chegar á Comunidade Educativa a postura acordada polo Consello Escolar ante a remodelación da Avenida Bos Aires, co fin de evitar malas interpretacións que poidan derivarse da rumoroloxía ou de escritos que xurdan doutras instancias.

Normativa de Actividades do Centro

No arquivo adxunto podedes consultar a Normativa de Actividades  extraescolares do Centro

A ANPA (Asociación de Nais e Pais) está á súa disposición

A ANPA do Centro é unha entidade autónoma, que coa cobertura do
centro e as propias administracións pode realizar ou apoiar Actividades
para a Comunidade Educativa e para o exterior.

Tén representantes no Consello Escolar (podedes ver os compoñentes)

 

 

En breve se convocarán Eleccións á Renovación do Consello Escolar (NOVEMBRO de 2008), na que podedes estar como nais  ou pais.

 

Existen liñas de axudas económicas para a realización de
Actividades convocadas por ANPAs, con destinatarios/as tanto alumnado
como familias de moi doado acceso. (Por exemplo estas que se concederon no 2008)

¿Cales son os temas dos que pais e nais (nais e pais) terían que estar máis informad@s?

Excursións e Actividades fora do Centro (onde van, onde foron, que viron...)
0% (0 votos)
Actividades Extraescolares que poidamos aproveitar
100% (1 voto)
Temas de actualidade social (normativas, conflictos noutros centros)
0% (0 votos)
Cuestións internas do día a día do Centro (novos Plans, conflictos, Profesorado...)
0% (0 votos)
Os progresos académicos dos nosos fillos únicamente
0% (0 votos)
Total de votos: 1
Distribuir contido