23 de abril: Día internacional do Libro
O día 23 de abril celebramos o Día Internacional do Libro no Laxeiro.
Os monitores de 3º y 4º Diversificación que se encargaron dos obradoiros coa axuda das profesoras Ester González y Sara Castro.
O equipo da Biblioteca do noso centro coordinou varias actividades para que este día non caera no esquecemento e literalmente tomouse ao asalto as instalacións da Biblioteca.
Coa axuda artística de José Manuel Nóvoa, o noso conserxe- fotógrafo, montamos unha exposición fantástica con fotos en branco e negro nas que o libro e a lectura eran as protagonistas. Durante dúas semanas poderase visitar. Acércate á Biblioteca e bota unha ollada.
O mesmo día 23, os alumnos de 1º de ESO asistiron a varios obradoiros onde intentouse que o mundo do libro e as bibliotecas no tiveran segredos para eles. Os talleres tiveron un toque especial xa que eran alumnos de 3º y 4º de Diversificación os que traballaron como monitores. Alumnos ensinando a alumnos! Unha experiencia diferente para todos!
As partes dun libro, unha ruta por bibliotecas do mundo, unha aproximación a libros curiosos e antigos da nosa biblioteca, así coma o achegamento ao libro electrónico ocuparon toda a mañá do luns 23 para os rapaces e rapazas de 1º ESO.
Grazas a todos os quede dunha ou outra maneira fixérono posible.
Equipo da Biblioteca do IES Laxeiro
Os libros liberan o pensamento
“Colgados dos libros”