CAMPIONATO PROVINCIAL DE ORIENTACIÓN DEPORTIVA - CASTRELOS (VIGO)

30/05/2024 08:51
Europe/Madrid

O pasado 24 de abril 20 alumnas/os de 2º da ESO do IES LAXEIRO acudiron ó campionato provincial de Orientación Deportiva celebrado no parque de Castrelos en Vigo. Boa xornada deportiva e gran experiencia para alumnos/as que xa tiñan participado neste curso na proba clasificatoria realizada en Pontevedra no mes de febreiro na cal conseguiron a súa clasificación para a final provincial.