slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3

INFORMACIÓN ESO

       

 

INFORMACIÓN FP

RESERVA E ADMISIÓN CURSO 2024-2025

Publicada a listaxe provisional de admisión

no taboleiro do IES Lamas de Abade

 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS NO LAMAS

O xoves 16 para conmemorar o día das Letras Galegas no Lamas, parte do alumnado elaborou murais para lembrar a Luisa Villalta, autora homenaxeada este ano; mentres repasaban a súa vida e obra ían coloreando da súa man os retratos  da autora ..

Se toda a nosa historia fose así, un construír, máis que un acumular, fragmentar e derrubar, se cada unha das nosas actuacións fosen un continuo cimentar máis que un utilizar e desgastar, gozaríamos da vida nun país seguro de si mesmo, acolledor, criativo e orgulloso”

. Luísa Villalta filóloga, violinista, escritora, poesía, teatro, narrativade ficción, ensaio, traducción colabora nas publicacións colectivas, intervén en recitais, escribe artigos...

Os seus poemas auscultan a respiración das fotografías, escoitan o seu pulso. As vidas das mulleres do Papagaio toman forma na voz dunha poeta que ergue nela a dignidade no medio da hipocrisía, da moral represora e da violencia patriarcal que equipara á violencia da especulación urbanística…

A voz da poeta adquire en O Papagaio unha inaudita reverberación.

A escritura de Luísa Villalta irradia exploración e movemento, desde o núcleo e á procura da formulación máis profunda desprega rexistros formais e estilísticos con texturas diversas. …. O poético sería, nesa exploración, liberdade, pensamento que se revela, reflexión, escoita e acontecemento.

Luísa Villalta falece inesperadamente na madrugada do 6 de marzo de 2004 na súa casa, mentres durmía. Unha meninxite fulminante pon fin á vida da escritora.

E todo se suspende.

Un violín soa fronte o mar no cemiterio de Santo Amaro. O sol quece o desamparo dun luns de marzo.

Catro meses despois do seu falecemento publícase En concreto.

Así vou eu
formando parte
Non me abandono e formo parte

Os acentos da súa voz, os focos do seu traballo, o alento da súa escrita fan dela unha autora que sorprende na súa singularidade; e sendo unha escritora que se incardina no seu tempo, traza no literario insólitos itinerarios. A solidez do edificio que constrúe emerxe nunha obra marcada pola exploración, o pensamento apaixonado, a procura do rigor. Luísa Villalta pon de relevo, unha vez máis e fóra de estereotipos, a amplitude do campo literario que se estende en trazos de autoras únicas.

Ana Romaní

 

 

VISITA DIDÁCTICA ÁS INSTALACIÓNS DA COOPERATIVA MILHULLOA E MUSEO VIVENTE DO MEL

O Alumnado de 1º CM FAEPA, CM Estética e Beleza, CS Estética integral e Benestar, asisteu a unha actividade formativa as instalacións de Milhulloa, unha cooperativa galega pequena, no lugar do Coto, Palas de Rei, que transforma e comercializa plantas medicinais e aromáticas ecolóxicas desde hai máis de 20 anos, conta con instalaciós de procesado, oficina e 10 hectáreas de terras de cultivo. Está formada e organizada por 2 mulleres ; Chusa Expósito ( farmacéutica ) e Carmela Valiño (bióloga).

O museo vivente do mel, o Enredo do Abelleiro, en Portodemouros, Arzúa, amosará algunhas curiosidades das abellas (himenópteros) e das propiedades curativas, endulzantes e o seu uso en cosmética,farannos visita guiada polas colmenas e o museo.

A actividade consistiu na visita guiada as plantacións; visita as instalacións, almacén, laboratorio, cámara de secado, aula de prácticas; obradoiros: experiencia sensorial de cata de infusións e degustación de especias e herbas aromáticas, práctica da destilación de follas e flores de Espliego, elaboración dun hidrolato de espliego, acondiciónamento e etiquetado.
No mueseo vivente asistimos a unha charla informativa sobre a vida das abellas o procesado e as propiedades do mel,  visita ás colmeas, e degustación do mel no laboratorio.

Desfrutamos dunha xornada moi agradable a aleccionadora que complementa ben á formación na aula e axuda tamén á interrelación entre o alumnado fomentando a integración e a mellora do traballo en equipo .
Repetiremos ¡¡

Visita profesorado FP do IES Lamas de Abade ao Instituto Superiore Alfonso Casanova de Nápoles

Duas profesoras do IES Lamas de Abade visitan un par de centros educativos en Nápoles a través do programa Erasmus + para poder ver o funcionamiento dos centros educativos en Italia e poder compartir métodos de traballo.

 

 

Festa da Primavera no Lamas de Abade

O venres, dia 3, celebramos o Maio no Lamas, para darlle a benvida á primavera.

A festa de "Os Maios" é unha celebración tradicional de Galicia, está asociada coa benvida da primavera e o renacemento da natureza.

Durante a celebración de "Os Maios", é común que os participantes constrúan figuras chamadas "Maios", que son elaboradas con ramas, flores e outros elementos naturais. Estas figuras poden tomar diversas formas, como pirámides ou conos, e adoitan ser decoradas de maneira moi colorida. Tamén adoitan realizar desfiles e cantar cancións tradicionais, moitas das cales teñen letras que loan a chegada da primavera.

"Os Maios" é unha festa que reflicte a conexión da comunidade coas súas tradicións e co ciclo natural das estacións, celebrando a fertilidade da terra e a prosperidade que se espera coa chegada da primavera. Celebrando o florecer!

Pois a pesares do dia de choiva e temporal que semellaba inverno, no instituto parecía florecer todo! Grilandas de flores, xestas, colares de pampullos, fiúnchos, diademas e coroas de natureza viva e florida e cestas de adornos florais para engalanarnos no “photocall” diante do fermoso mural que a profesora, autora anónima (Paula Ribadulla), nos pintou.

Foi lindo o traballo en equipo, desde o grupo de garda de convivencia que comezamos a soñar e argallar a festa e a ir traendo ideas e material, pasando polas titoras e titores que desde o 10 de abril se puxeron a colaborar, Sabela que co seu alumnado elaborou as primeiras siluetas de flores en papel pa facer grilandas e enchelo instituto de flores, Irene, que desde o primeiro momento se puxo a elaborar a “play list “ de música en galego para animala festa, Afonso que xa aceptou ser o retratista do evento, Toño que artellou o trípode, soporte do maio, Vicente (alumno do Practicum de profesorado) que colaborou no deseño, elaboración e cobertura do maio, Maribel, que veu cargadiña de xestas e pampullos, Isabel e o seu alumnado que elaboraron fermosas diademas e coroas, Sandra cargadiña de flores, Rosa,  María e Laura que coas súas cestas floridas engalanaron e animaron con adornos todo. O alumnado e todas as familias que colaboraron traendo flores, fiúnchos, xestas, plantas e mesmo coroas de froitos (laranxas, mandarinas).

En fin, grazas a tódalas persoas que colaborastes en que fora posible facer este Maio e dar benvida á primavera no centro.

Entre todas e todos é posible facer florecer o instituto!!!

No seguinte enlace podedes acceder ás fotos do photocall: FOTOS

Día Internacional contra o Acoso Escolar

O 2 de maio conmemoramos o Día Internacional contra o Acoso Escolar. Este día, proclamado polos Estados membros da UNESCO, destaca a importancia de crear un ambiente seguro para todos os nenos e nenas.

Visita presidente COPRODEGA

O 29 de abril, o alumnado do CS de Próteses dentais recibiu a visita do presidente do Colexio de Protésicos de Galicia, Avelino Sanmartín Caamaño, quen impartiu unha charla informativa acerca da organización e as funcións do Colexio, e o presente e futuro da profesión dos e das protésicos dentais.

Recollida de premios do Certame Literario de Viaqua

O pasado 23 de abril celebrouse a recollida de premios do certame literario de Viaqua, no que o noso alumno Diego Martínez García de 3º ESO B gañou o primeiro premio da súa categoría na modalidade de relato clásico.

Este ano celebrábase a décima edición do certame e para festexalo preparouse un acto moi especial no que os premiados recolleron os merecidos premios no Gaias apoiados polos seus compañeiros e docentes.

Despois do acto, no que nos deleitaron tamén con pezas musicais e improvisacións de hip-hop, os asistentes recibimos un petisco que desfrutamos antes de regresar ó centro.

Parabéns de novo ó noso alumno Diego Martínez García!

Día do libro 2024

O día 23 de abril, o alumnado da ESO e de ciclos formativos pasou ao longo da mañá pola biblioteca para facer lecturas comúns de relatos, poemas e opinións do propio alumnado sobre os libros e a lectura. 

Moitas grazas polos textos e por ler ante os vosos compañeiros e compañeiras!

XORNADAS DE FORMACIÓN CONTRA O ACOSO ESCOLAR

O mércores 17 de abril, as responsables do Departamento de Orientacion e Coordenacion de Convivencia e Benestar participaron nas xornadas de formación para os equipos de actuacion contra o acoso escolar ( ACAE)

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer