Skip to Content

Anuncios

PRESENTACIÓN NO IES ELVIÑA. CURSO 2018/19

 ORGANIZACIÓN DO PRIMEIRO DÍA DE CLASE
(Curso 2018/19)

As clases comezan o luns día 17 de setembro. A presentación do alumnado cos titores realizarase de xeito escalonado:

1º ESO

Recepción do alumnado de 1º de ESO no salón de actos ás 10:30.
Presentación do alumnado de 1º ESO cos titores nas súas aulas ata ás 12:10 aproximadamente.

RESTO DOS CURSOS DE ESO

Recepción do alumnado polos titores nas súas aulas a partir das 10:45.
Presentación do alumnado ata ás 12:10 aproximadamente.

BACHARELATO

Recepción do alumnado do Bacharelato polos titores a partir das 12:30 horas.
Presentación do alumnado de Bacharelato nas súas aulas ata as 13:20 horas aproximadamente.

TRANSPORTE ESCOLAR

En principio, haberá transporte escolar normal coas paradas habituais para o alumnado de ESO que o solicitou. Estamos pendentes de confirmación das prazas por parte do servizo de transporte da Consellería de Educación.

PRAZO ABERTO PARA A SOLICITUDE DE BECAS DE BACHARELATO (MINISTERIO DE EDUCACIÓN)

Está aberto o prazo para a solicitude das Becas do Ministerio de Educación. A solicitude debe facerse informáticamente no seguinte enlace (Becas de Bacharelato, MEC). O prazo estará aberto ata o día 17 de setembro.

HORARIO DE RECOLLIDA DE BOLETÍNS (SETEMBRO)

Os boletíns coas calificacións da avaliación extraordinario de setembro serán entregados polo profesorado titor nas seguintes datas e horas:

A. alumnado de 2º de Bacharelato: mércores día 5 de setembro ás 11:00 horas.

IMPORTANTE (PROBAS ABAU-setembro): o alumnado que obteña o título de bacharelato poderá, unha vez recollidos os boletíns, iniciar os trámites en secretaría para a matrícula nas probas ABAU de setembro (selectividade). Lémbrase que o prazo máximo para a matrícula nestas probas remata o día 6 de setembro.

B. alumnado do resto de cursos (ESO e 1º de Bacharelato): xoves día 6 de setembro ás 13:30 horas.

IMPORTANTE (MATRÍCULA): lémbrase a todo o alumnado que o prazo extraordinario de matrícula de setembro remata o luns día 10 de setembro.

O IES ELVIÑA coa campioa de Europa!

Noraboa, Malena!

Malena e Teresa

     A selección española de fútbol feminino sub-19 ven de se coroar campioa de Europa nunha fazaña longamente cantada pola prensa deportiva e non deportiva do país. Entre as gañadoras, que ben merecerían máis a miúdo aplauso e cabeceiras de xornais (pois o fútbol non é só cousa de homes, por máis que os meios de comunicación parezan de cotío supoñelo), atópase a nosa alumna de 1º de Bacharelato Malena Mieres. Pódese supoñer que a súa profe de Educación física estará a babexar da fachenda, como todos nesta grande familia do insti. Parabéns, Malena! O teu éxito e o das túas compañeiras é o éxito das mulleres deportistas españolas. Desde o IES Elviña, unha aperta para ti e para todo o equipo.
     E agora a desfrutar da victoria e do mes de agosto, que son "vacas" e vai calor!

A victoria e Malena na prensa

Portada VozA prensa nacional fíxose eco da victoria en numerosas reportaxes velaquí enlaces con algunhas: El País, El Mundo, Diario As, Marca, Mundo deportivo...

En La Voz de Galicia publícase nota de prensa sobre as futbolistas galegas da selección coa foto de Malena e Tere Abelleira do noso encabezado. Tamén entrevista con Tere Abelleira e foto das dúas compañeiras na edición do 1 de Agosto.

GRADUACIÓN DE 2º BACHARELATO (2018)

ACTO DE GRADUACIÓN DE 2º BACHARELATO

     O vindeiro venres día 25 de maio de 2018 realizarase o acto de graduación do alumnado de 2º de Bacharelato do presente curso académico. O acto terá o seguinte horario (as horas son orientativas e aproximadas):

18.00 horas:   recepción de alumnado e pais

18:30 horas:   inicio do acto:
     palabras do director do centro
     conferencia de Fermín Álvarez Lata (exdirector do centro)

19:00 horas:   discurso e actuacións do alumnado
     presentación de Adrián Méndez e Paula García
     actuacións musicais

20:00 horas:   pincho de cortesía (xardín botánico do centro)

21:30 horas:   cea de alumnado e persoal do centro en Atlántica 57

Distribuir contido


by Dr. Radut