Skip to Content

Anuncios

BECAS MEC PARA ESTUDOS POSTOBRIGATORIOS (BACHARELATO)

ABERTO O PRAZO PARA A SOLICITUDE DAS BOLSAS MEC PARA ALUMNADO DE BACHARELATO

O Ministerio de Educación e Formación Profesional abre a convocatoria anual para solicitar, vía telemática a través da Sede electrónica do MEC, bolsas de axuda económica para alumnado de ensinos non obrigatorios (bacharelato e universidade). O prazo de presentación comeza o día 1 de agosto e rematará o 1 de Outubro. Toda a información sobre a convocatoria nos enlaces do Ministerio e no texto da norma legal (especialmente o Capítulo 7).

Marco legal da convocatoria

Resolución de la Secretaría de estado de educación y Formación Profesional, por la que se convocan becas de carácter general para el curso académico 2019-20 para estudiantes que cursen estudios postobligatorios

Adorno

ELVIÑA NO MUNDO: RICARDO MARTÍN INGRESA NA ORDE DE ALFONSO X O SABIO

RICARDO MARTÍN, EXCATEDRÁTICO DE LINGUA LATINA DO IES ELVIÑA, CONDECORADO POLA SÚA APORTACIÓN Á CULTURA E Á DOCENCIA

     Os que estudaron hai tempo no IES Elviña (mesmo cando aínda era o Instituto de Bachillerato de Elviña) coñecerán de seguro a Ricardo, o esixente catedrático de latín (toto notus in "elvinense" orbe), o fundador e director do grupo de teatro Sardiña, durante moitos anos o mellor grupo escolar especializado en teatro clásico latino de España. Home entregado á lingua do Lacio, nai nutricia de canto en Occidente pode chamarse cultura (aínda neste tempo, cando anda tan deturpada), Jesús Ricardo Martín formou parte do claustro de Elviña case desde a fundación do instituto ata os días da súa xubilación no ano 2012, máis de trinta anos dunha vida enteiramente adicada á educación e ao teatro. Non hai moito, adicábamos na nosa web unha amable entrada sobre a celebración do Día da Romanidade na nosa cidade, na que o antigo catedrático do noso centro, participou rememorando con humor os costumes da Antigüidade.

Día da Romanidade

      Lembrar a Ricardo nesta precisa xornada (e mesmo en calquera outra) é non só unha agradable obriga senon tamén un necesario pracer e un motivo de respectuoso orgullo, pois ven de recibir, outorgada polo rey Felipe VI, de mans de dona Isabel Celáa, actual Ministra de educación en funcións, a Cruz da Orde civil de Alfonso X "el Sabio", polo seu dilatado labor (non rematado aínda!) no eido da cultura clásica e da educación. Ben merecidas son todas as homenaxes que veñen por tan nobre esforzo. Estas breves liñas sexan a do IES Elviña para un antigo compañeiro.

Ave, magister!

Ricardo Martín, condecoradoRicardo Martín, condecorado

PROBAS EXTRAORDINARIAS DE RECUPERACIÓN DE 2º BACHARELATO

O adianto das probas extraordinarias de selectividade ao mes de xullo obriga a partir deste ano a adiantar asimesmo a convocatoria extraordinaria de recuperación das materias suspensas de 2º de Bacharelato que, ata agora, se realizaban en setembro. As datas dos exames de recuperación realizaranse este ano, por tanto, entre o 11-12 de xuño (alumnado con materias pendentes de 1º Bach) e entre o 17 e o 20 de xuño (alumnado con materias suspensas de 2º Bach). A disposición dos exames será a seguinte:

ALUMNADO DE 2º BACH. CON MATERIAS PENDENTES DE 1º BACH.

DÍAHORAMATERIAAULA

MARTES 11
de xuño

10:10INGLÉSAula propia
11:40L. CASTELÁAula propia
MÉRCORES 12
de xuño
09:20MATEMÁTICASAula propia
12:30LATÍNAula propia

adorno

ALUMNADO DE 2º BACH. CON MATERIAS SUSPENSAS
PROBAS EXTRAORDINARIAS DE XUÑO

DÍAHORAMATERIAAULA
LUNS 17
de xuño
08:30MATEMÁTICAS IIAula propia
LATÍN IIAula propia
10:00L. CASTELÁ IIAula propia
12:10QUÍMICAAula propia
Hª DA FILOSOFÍAAula propia
MARTES 18
de xuño
09:30Hª DE ESPAÑAAula propia
11:00INGLÉS IIAula propia
12:30BIOLOXÍAAula propia
DEB. TÉCNICOAula propia
Hª DA ARTEAula propia
MÉRCORES 19
de xuño
10:30L. GALEGA IIAula propia
12:30FÍSICAAula propia
GREGOAula propia
ECO. DE EMPRESAAula propia
XOVES 20
de xuño
09:20TIC IIAula propia
11:20FRANCÉS IIAula propia

DESCARGAR CADROS EN PDF

CURSO DE VICEDIRECTORES

     Este mércores día 8 de maio o director e máis o vicedirector do IES Plurilingüe Elviña foron invitados polo Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) como relatores dentro das xornadas de formación para equipos directivos que se están a desenvolver en Santiago de Compostela, en concreto dentro do Programa de formación continua para vicedirectores e vicedirectoras (Actividade G1801055). O relatorio que expuxeron nas sedes do Centro de Formación levaba por título "O papel da Vicedirección na organización da actividade do centro: a experiencia do IES Elviña".
      O feito de compartir con outros e outras colegas de centros de ensino de toda Galicia as nosas inquedanzas sobre a función vicedirectiva resultou unha experiencia gratificante e moi enriquecedora. Un saúdo desde a nosa páxina web a todos e todas os/as presentes na charla, co noso agradecemento pola atención que nos adicaron e pola cortesía coa que compartiron o café da media mañá.

Vicedirector

[Como pode comprobarse, ao vicedirector do IES Elviña non lle importou posar para a ocasión...]

Premios extraordinarios de Bacharelato

CONVOCATORIA DE PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO PARA O PRESENTE CURSO

     O pasado 11 de abril publicouse no DOG a Orde do 28 de marzo pola que se convocan os premios extraordinarios de Bacharelato correspondentes ao curso 2018/19. O artigo 4 desta orde especifica o prazo de presentación de solicitudes entre o día 29 de abril e o 28 de maio. As solicitudes deberán entregarse en algún dos rexistros oficiais indicados na Orde preferentemente a través da Sede electrónica.
     A data das probas para a obtención do Premio extraordinario serán o día 27 de xuño.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut