Skip to Content

Lingua galega

Lectura recomendada

Para empezar o ano recomendados a lectura de 55 mentiras sobre a lingua galega, Xosé-Henrique Costas (coord.), Edicións Laiovento.

PREMIOS CONCURSO CONTOS HIPERBREVES

CONCURSO DE CONTOS HIPERBREVES

               CONTOS PREMIADOS

PREMIO DO DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA:

Relato nº 5. Autor: JORGE FANDIÑO MELLA

 

PREMIO DO PÚBLICO:

Relato nº 11. Autor: ROSENDO PAZ MARIÑAS

 

PREMIO ESPECIAL DO PROFESORADO:

Relato nº 32. Autora: LAURA DOMÍNGUEZ GARCÍA

 

PARABÉNS A TODOS.

 

CONTOS HIPERBREVES

CONCURSO CONTOS HIPERBREVES 

Contos presentados: 

1 Un mundo fráxil

A meiga vía na súa bóla un mundo de cristal.

JENNIFER FIGUEIRAS VARELA

2 Balón de ouro

O balón perseguía a Messi.

LAURA CALVO DÍAZ

3 Gran Circo

Fun velo. Só había un pallaso.

MARÍA COTELO MORALES

4 Drácula

O castelo tiña unha luz prendida.

ANA COTELO VELO

5

Os nichos estaban abertos. A revolución comezara.

JORGE FANDIÑO MELLA

6 Supervivencia

A formiga colleu un atallo.

ALEJANDRO SABROJO SANTOS

7

A vida é coma o leite, pronto se corta.

EVARISTO MONTERO PENA

8 O de sempre

Deron as doce e o príncipe saíu correndo da festa, perdeu o zapato polo camiño e converteuse en sapo.

ELSA RAMÍREZ VARELA

9 O bico

A madrasta marchou ao bosque. Brancaneves enfureceuse, vai buscala e atopa o príncipe bicándoa.

TANIA REGUEIRO POMBO

10 Fin

Mordín a mazá pensando que o meu prícipe me salvaría. Non recordaba que non existen os príncipes.

ADRIANA LAMAS EIROA

11 A obediencia

-Pero que fixeches? dixo Deus. Abraham contestou:-Pois o que ti me pediches, carne picada.

ROSENDO PAZ MARIÑAS 

12 O segredo escondido

Sendo mozo intentou por primeira vez sacar a espada da rocha e conseguiuno, pero non sabía que era unha réplica.

JOSÉ MANUEL JÁCOME MOLINA

13 A oportunidade

E sobre a mesa de billar faltaba a bóla branca.

CRISTIAN MUELAS LÓPEZ

14 Instinto de supervivencia

Non só vale ensinar a pata, hai que ensinalo todo.

ADRIANA ESPIÑEIRA RUANO

15 Circunferencia

Esa rotonda era tan redonda que non se podía dar a volta.

JULIO DAVID PEÑA CAPELLI

16 A mentira

Pensas e non pensas.

CAMILA CARRACEDO PENA

17 O mar

A distancia entre Rianxo e Arxentina.

ADRIÁN SABROJO SANTOS

18 Humanos

Só ocupan a cuarta parte da terra.

RAFAEL SANTOS DÍAZ

19 Estoxo

Eu cargo coas túas palabras.

ESTEFANÍA ALVARADO GUTIÉRREZ

20 A goma borrada

E aquí estou eu, morta en vida no fondo desta mochila.

RAQUEL MONTERO PENA

21

 E díxolle Carapuchiña ao lobo:-Afiarei os meus dentes.

ANA LÓPEZ VARELA

22

Unha labazada é unha mentira devolta.

HÉCTOR MANUEL QUÍLEZ DÍAZ

23 Fillos

Son coma bolboretas, pronto saen voando.

MIGUEL GARCÍA ESMORÍS

24 Perdidos

Estamos presos nas redes do mundo.

PABLO CALO PASTORIZA

25 Conciencia

Pinocho dubidaba. Non voltou á casa.

REBECA ALONSO OTERO

26 A decisión de Peter Pan

E cando recuperou a sombra esta tiña 17 anos, e o que viu fascinouno.

LAURA DOMÍNGUEZ GARCÍA

27 O fracaso de Merlín

E Arturo non conseguíu sacar a espada.

ALEXANDRE TOMÉ CARREIRA

28

Cando probou o zapatiño de cristal, o zapato escachou en mil pedazos.

LAURA DOMÍNGUEZ GARCÍA

29 Anorexia

O espello en que se miraba enganábaa.

MAYRA TRUJILLO HERRERA

30 Moitas horas de sono

E o príncipe nunca logrou bicala.

BEATRIZ TEIJIDO VEIRA

31 Cincenta

E o mordomo deixou caer o zapato.

REBECA ALONSO OTERO

32 O Paraíso

Cando abríu a porta cerróuselle a vida.

LAURA DOMÍNGUEZ GARCÍA

33 A fada cazada

A Fada Madriña ía polo bosque e os cazadores andaban cazando.

SARA PUGA LLUMIQUINGA 

34 Tarzán                    

E non puido coller a seguinte liana.

GUILLERMO RODRÍGUEZ MONTERROSO

35 No país das marabillas

Cando Alicia viu o coello ficou sentada.

MANUEL REY PÉREZ

36 O espazo

Estamos colgados.

Mª DOLORES GÓMEZ COPPA

37 Dieta

De primeiro cocido galego e de segundo un prato de caldo.

SARA CAMPELO DEQUIDT

38 Sangue na alma

Non volveu ser feliz desde aquel Si, quero.

ANDREA SÁNCHEZ PATO

39 A despedida da infancia

Para medrar Campanilla ten que marchar.

DIEGO LAMAS LAMELA

40 Palabras a un recordo

Ti pensas que te vas, pero non é así.

ADRIANA SANTOS FERNÁNDEZ

HIPERBREVES. CONCURSO DE CONTOS

CONCURSO DE CONTOS HIPERBREVES

 BASES: 

1 

Poderán participar todos os alumnos e alumnas de 4º da ESO, con un ou máis contos.

 

2

Os contos terán un máximo de 30 palabras e deberán estar escritos en galego. 

Prazo de entrega: até o martes 15 de decembro.

3

Os contos presentados serán colgados no espazo web do Departamento e expostos na Biblioteca. 

 

4

Haberá dous premios:

Premio ao mellor conto. Concedido polo Departamento de Lingua Galega e Literatura.

Premio do público. Poderán votar todos os alumnos de 4º da eso (4º A, B e C) de 10,10 a 10,30 e de 12,10 a 12,30  horas do luns 21 de decembro na biblioteca.

Na papeleta constarán tres contos, indicados polo número que lles será asignado. O proceso de votación e reconto será levado a cabo polos membros do Departamento de Lingua Galega e Literatura.

Os premios consistirán no libro de lectura obrigatoria da 2ª avaliación.

O fallo será inapelable. 

 

5

Os contos premiados daranse a coñecer ás 10 da mañá do día 22 de decembro  no espazo web do Departamento e na Biblioteca. 

 

A participación neste concurso implica a aceptación de todas estas bases e a autorización da publicación dos contos e o nome do autor/a.                    

Distribuir contido


by Dr. Radut