Skip to Content

Lingua galega

Obradoiros de poesía galega

     A poeta Dores Tembrás pasou polo noso centro para facernos reflexionar sobre a poesía. Co alumnado de 4º ESO, a temática do obradoiro foi a figura de Penélope desde o punto de vista dos poetas galegos. En 1º ESO definiuse a poesía. Saíron nomes de autores literarios como J. K. Rowling, Tolkien, Stephen King, Dickens, Gallego, Ibáñez, Francisco Castro, Xabier Docampo. Porén, soamente foi mencionada unha poeta, Rosalía. Toda a actividade estivo sufragada polo Programa Ao meu xeito! ofrecido aos centros de ensino da cidade polo Concello da Coruña.

01002
0304

     Cavilamos xuntos arredor das diferenzas e semellanzas entre o graffitti e a poesía; a recepción dunha novela con respecto a un poemario. Deixounos algunhas citas:

“A poesía é como unha cápsula, necesita repousar”

     Finalizou o obradoiro coas constelacións poéticas realizadas polo alumnado de 1º ESO e cunha última recomendación:

“Somos as nosas palabras”Penélope

          Todo o alumnado participante fixo as súas composicións, estimulados coas reflexións da autora, amosando a súa creatividade de moi diferentes maneiras, as veces cunha notable capacidade crítica coa visión tradicional dos mitos e temas tratados, como a versión gráfica do tema clásico de Penélope que podemos ver a carón destas liñas, obra dunha rapaza de 4º de ESO: seica a moderna Penélope non estea xa tan disposta a soportar tan longa a espera do seu esposo e as queixas dos pretendentes. 

     A nosa compañeira Patricia Varela compuxo o vídeo da actividade, que podedes ver aquí, vía YouTube.

Recitamos: Rosalía sempre viva

18 de marzo na Casa-Museo Manuel María en Outeiro de Rei

 

As alumnas de 3º ESO Rebeca Bermúdez e Heloísa Souza recitaron este sábado poemas de Rosalía no encontro que rememora a súa persoalidade

 

Momento de recitado de Heloísa

A poesía nas clases de 1º da ESO

Actividade realizada polo departamento de galego

 

V Certame de monólogos cómicos en galego

Dúas alumnas de 3º ESO do centro, Andrea Castro e Antía Dobao coa colaboración do profesor Alfonso Salgado, participan o 15 de decembro ás 18 horas no Teatro Rosalía de Castro no V Certame de monólogos cómicos en galego que convoca o Concello da Coruña.

Imaxe dun momento da actuación das alumnas

 

O profesor Ignacio Tomás
tamén participou no certame

Dia de Rosalía

O alumnado de 1º ESO A recitou poemas de Rosalia polas aulas do instituto para rememorar a súa figura. Esta iniciativa foi moi ben aceptada polo alumnado do centro.

Ver o vídeo

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut