Teléfono
 
881 938200

Correo electrónico
 
ies.mugardos@edu.xunta.gal

Enderezo
 
Rúa do Cristo s/n

  15620 Mugardos (A Coruña)

 

                  

PLATAFORMAS E AULAS VIRTUAIS
        EDIXGAL MOODLE ABALAR  
           
  RADIO  REDES   VIDEOCONFERENCIA 
 

   

        
Corpo:

Corpo:

Corpo:

Corpo:

Corpo:

Corpo:

Corpo:

Corpo:

Corpo:

AVISO

 

 

 

 

 

 

 
         
                 
 

 

 

 

 

 

 
 
         

>> GUÍAS DE ORIENTACIÓN (despregable)

 Presentacións para o curso 2023-2024

                                                                                                              

                                                                                                         

                                                                                                          

 

 Vídeos do curso 2020-2021

 

Blogues

Presentación 4º ESO

Déixovos por aquí a presentación que tendes dende hai tempo na aula virtual de 4º ESO. Lembrade que nas presentacións genially cando aparece unha man na esquina dereita superior significa que hai enlaces que vos levan a máis información.  

 

Colaboracións intercentros: CPI de Ares, Diego, un piano de pé, e unha rapazada de dez!

  

 E un bo día, Diego, excompañeiro de tecno, profe magnífico e comprometido coa educación e a rapazada, agora profe no CPI de Ares. propón a esta ori vir ao centro para que o alumnado de 4º dea a coñecer o seu piano de pé ao noso alumnado. Como? Música, presentación de alumnado de 4º no IES, dar protagonismo ao alumnado que no tempo libre realiza proxectos, colaborar cun excompi? Claro que tiñamos que dicir que siiiii!!. E así foi como a música chegou á aula de Tecnoloxía, e o alumnado de 1º ESO coñeceu o proxecto dos compis de Ares e puido desfrutar dun miniconcerto. 

Imaxinades como rematou a cousa, verdade? Con aplausos a moreas! 

Por máis colaboracións intercentros, contade con nós!

 

FPB + INFANTIL + PRIMARIA= UNHA EXPERIENCIA MARABILLOSA

 
A rolos, así acabou o noso alumnado do ciclo básico de Agroxardinería e composicións florais nas actividades co alumnado máis pequeniño do CEIP Unión Mugardesa e CEIP Santiago Apóstolo. Nestas sesións de convivencia e intercentros, o noso alumnado contou un conto sobre natureza aos/ás máis peques, e logo axudou a prantar aromáticas e sementes de cabaza e chícharos.
Os nosos alumnos e alumnas riron, abrazáronse, ataron zapatos, interviron nos pequenos conflitos, foron invitados ao parque polos pequenos, e acabaron a rolos xogando polo chan. Custounos marchar...pero reconfórtanos saber que o ano que ven as pequenas e pequenos escribiránnos para facernos peticións ou resolver dúbidas dos seus xardíns.
Grazas a Miguel e a Eva, oris que argallaron esta actividade xunto con esta que escribe, a Mario, supertitor do CFPB e a tódalas marabillosas profas de infantil e primaria que tan ben nos recibiron. GRAZAS!

QUE PASA? PASA ALGO? CONDUTAS ADITIVAS

Pasa algo
 En maio contamos nas aulas de 4° ESO e FPB con Raquel de ASFEDRO. Con ela rompimos tópicos e mitos sobre consumos, coñecimos como funciona o noso cerebro así como o sistema de recompensas cando temos unha adición. Tamén coñecimos curiosidades sobre o funcionamento do noso corpo cando consume, e que consecuencias trae o consumo dalgunhas sustancias.
Lembrade o número máxico dos 20 anos. Consumir antes dos 20 anos traerá consecuencias moitísimo máis graves que facelo despois. Por que? Porque o noso cerebro e os nosos órganos estan acabando de formarse. Por favor, coidádevos de sustancias que facilmente profucen adición, tamén do café (non mais de tres tacitas pequenas), do azucre e dos excitantes das bebidas. Máis de tres horas diarias do móbil trae consecuencias nas relacións, no rendemento, na vida. Os videoxogos deixan de ser un xogo se nos afastan de rutinas saudables, da familia, dos amigos, dos estudos. Se precisas axuda, estamos para axudarte.
Grazas ao Concello de Fene e Mugardos e a ASFEDRO por estas sesións!

FP Dual Xardinaría e Floraría

 

Calendario e sobres de matrícula (Curso 2022-2023)

 

 

Sobres de matrícula

                                             

 

Oferta FP curso 23-24

 

Por fin temos a oferta do próximo curso. Lembra seleccionar cinco opcións. O luns  26 de xuño comeza o prazo de inscrición. Se precisas axuda, confirma por correo a túa asistencia para que poidas ter un ordenador dispoñible.Teremos dous turnos: 10 e 12 da mañá. 

Documentación que precisas traer escaneada:

-DOI 

-certificado académico escaneado

-certificado de discapacidade ou de deportista de alto rendemento, se é o caso.

https://www.edu.xunta.gal/fp/oferta-fp

Circular Fin de curso, 2023

       

Buscas aloxamento?

Nesta entrada atoparás información útil sobre aloxamentos  tanto se inicias estudos universitarios como se cursas estudos de FP ou ensinanzas artísticas. 

Admisión en Ciclos de FP de Réxime ordinario

 

LEMBRA:

-Consulta a oferta de Ciclos (a Consellería está a piques de actualízala): http://www.edu.xunta.gal/fp/oferta-fp. 

-Escolle 5 opcións por preferencia, podes incluir un ciclo en diferentes lugares ou ciclos diferentes,  combina como queiras pero de forma ordenada.

-Ten preparada a documentación. Debes ter escaneado: DNI, certificado de estudos, certificado de discapacidade ou de deportista de alto rendimento se é o caso.

-Imprime a folla de solicitude, e o xustificante de ter feito a inscrición. Fíxate ben se a inscrición confirma que xa estás inscrito/a ou indica que tes que entregar documentación. No caso de que se solicite entregar documentación, debes facelo no centro que indicaches na aplicación (pode ser o noso centro) antes de que remate o prazo. Se non o fas, non terías a inscrición completada.

-Crea alarmas no teu móbil das datas importantes: comprobación de que apareces nos listados de solicitude de praza, reclamación, as tres adxudicacións (dúas en Xulio é unha en setembro), matrícula de cada adxudicación.

-Na matrícula terás que pagar seguro escolar. Se fas a matrícula online terás que entregar o resgardo bancario do pago e a copia de matrícula xunto con fotos na primeira semana de clase no teu centro. Podes facelo online.

-Despois de cada adxudicación, ábrese prazo de matrícula directa (sen necesidade de inscrición) nos ciclos nos que non hai lista de espera. Se tes poucas posibilidades de conseguir praza, aquí tes nova oportunidade.

-Se a adxudicación do ciclo non che convence tes a posibilidade de renunciar. A renuncia implica renunciar ao ciclo adxudicado e aos que che adxudicaron en postos inferiores.Renunciar te permite optar á posibilidade de conseguir praza nun ciclo de maior preferencia ao que che adxudicaron, pero ollo, ninguén te asegura praza. Poderás consultar a orde na que te encontras nas listas de agarda e o que pediron as persoas que están diante de ti.

 -Para asegurar os teus datos persoais, non se publicarán nomes, a consulta será por códigos persoais. Debes conseguir o teu seguindo as Instrucións que che puxen máis arriba.

 

SE PRECISAS AXUDA, o luns 26 axudarei a facer a inscrición a quen o solicite. Iniciamos unha sesión grupal ás 10.0 na aula de informática, e outra ás 12.00. Debes reservar o teu posto por correo: maria.ysabelcalvo@edu.xunta.gal.

Reclamación ABAU

  • Prazo: Do 16 ao 20 de xuño (ata as 14:00 h.)

  •  Solicitude de revisión en Nerta.

  •  Lembrade que a revisión pode levar a baixada de nota se se detecta erro.

Actividade no Club do Mar

Este xoves 8 e venres 9 de xuño o alumnado de 1º, 2º e 3º ESO baixou ao peirao de Mugardos para realizar a última fase de achegamento ao remo co Club do Mar. Durante varias horas o alumnado foi realizando actividades de preparación de barcos e percorridos remando pola ría. Ao finalizar estas actividades non faltou o baño conxunto para ir preparándose para o verán.

Un pracer poder colaborar co Club do Mar de Mugardos e moi agradecidos pola súa axuda

Inscrición e matrícula no Sistema Universitario Galego (SUG)

Por aquí vos deixo as instrucións da CIUG para realizar a inscrición nos Graos Universitarios Galegos e as prazas dispoñibles. Lembrade que a inscrición se realiza no NERTA e a matrícula nas webs de cada universidade galega. Pegade un repaso á presentación de 2º Bach.

  1. UDC: https://matricula.udc.es/MatriculaPrimeiro/Login.asp
  2. USC: https://www.usc.gal/es/admision/grados/matricula
  3. UVigo: https://secretaria.uvigo.gal/uvigo.sv/index.php?modulo=portalAcademico
  • Calendario de matrícula (se che adxudicaron praza)

.C

 

Parámetros ponderación 23-24

A CIUG publicou os novos parámetros 23-24 no mes de maio. Lembrade que tamén os tendes na aula virtual.

https://www.ciug.gal/PDF/ACCESO2023/ponderacions_2023_24.pdf

ORIENTA 22-23

 Precisas axuda para decidir ou ter máis información sobre os estudos que podes facer en cada comunidade incluída a galega? Que tal se botas un ollo ao que te ofrece o programa ORIENTA 22-23:

https://www.elorienta.com/movil/?yafxb=56387

Residencias e aloxamento na USC: Santiago, Lugo

Se o próximo curso escolles estudar na USC, ben sexa en Santiago ou Lugo, debes saber que a convocatoria para solicitar praza abrese ata o 27 de XUÑO ás 14:00 horas. Para coñecer algo máis da oferta de residencias e o procedemento de solicitude, preme no seguinte enlace: https://www.usc.gal/es/servizos/oiu/aloxest.html

Xornada de portas abertas nas Residencias da UDC: Ferrol e Coruña

Se estás pensando en solicitar praza nalgún campus da Universidade de A Coruña, tes a posibilidade de visitar as residencias na xornada de portas abertas que terá lugar entre o 1 e 10 de xullo.

Para participar debes enviar previamente un correo a:

-A Coruña: residenciauniversitaria.coruna@udc.es 
-Ferrol: residenciauniversitaria.ferrol@udc.es

Máis info en: https://www.udc.es/es/sape/aloxamento/?language=en

 

 

ACOLLIDA DO ALUMNADO DE 6°

 

 

    

 Estreamos xuño cunha mañá estupenda na que tivemos a oportunidade de coñecer ao noso novo alumnado. Que ilusión!

Comezáchedes a visita deixando unha pegada nada mais entrar porque o dire invitouvos a deixar o voso nome impreso na pantalla interactiva na que vos demos a benvida.

Logo tocou pasar ao salón de actos e tomar contacto co alumnado de 1° que xa ten experiencia nisto de transitar dunha etapa a outra. Confirmaron que o que di a ori é certo. Que ides a coñecer xente riquiña, que os maiores non vos miran e se o fan será con cariño como quen mira a un cachorriño pequeno. Tamén que no centro se está ben. E que hai figuras importantes como a de delegada ou de representante de consello escolar que paga a pena ter en conta porque ofrecen unha oportunidade de participar aínda máis no centro.

Siii, temos mais materias ca na Primaria pero tampouco hai tantos cambios, poderedes con eles, vaia que si. 

Nesta presentación da etapa e do centro, tamén vos fixemos entrega dunha cartiña feita polo alumnado de 1°ESO e os seus titores/as explicando como viviron este cambio. 

Logo, tocou parada na cafetaría e tomar un bocatiña e unha bebida antes de descifrar as mensaxes de benvida en código Braille, e facer un xogo no que a estratexia grupal era clave.

Toca marchar xa? Noooon, antes era obrigatorio ver as que serán as vosas aulas o próximo curso, coñecer a aula de plástica, informática, o laboratorio de física e química, a aula de apoio (que ben ule), a aula de Ciclo Básico, a biblio, a sa de profes (logo xa non se poderá entrar...pero hoxe fixemos excepción), a conserxería e administración, os despachos da dirección e o departamento da ori á que espero visitedes moito. 

Algún espazo quedou sen ver pero o tempo non deu para máis... ademais temos que deixar algunha sorpresa para setembro. 

Coñecíchedes a algúns profes: Guillín, Marta, Rita, Barcia, Montse, Micaela, Xulio, Iria, Marga, Fabio e Raquel, e tamén alumnado de ESO, CFPB e Bacharelato.

Agora xa tendes case todo dominado, coñecedes a etapa, o centro, as normas, como será o primeiro día. So nos queda voltar a vernos o 11 de setembro, esta vez para pasar un ratiño das vosas vidas con nós!

Presentación: 

SOLICITUDE NOS CENTROS RESIDENCIAIS DOCENTES (CRD)

As prazas de residencia nestes centros están dirixidas ao alumnado de Bacharelato e Ciclos. A residencia é de luns a venres. En función dq renda hai catro tramos de prezos, hai a posibilidade de que a residencia sexa incluso gratuíta.

Prazo para presentar solicitudes:

1. Para o alumnado matriculado en bacharelato: do 7 de xuño ao 12 de xullo de 2023.

2. Para o alumnado matriculado en ciclos formativos: do 7 de xuño ao 1 de agosto de 2023.

As solicitudes deberán dirixirse ao respectivo centro residencial docente.

Toda a información na seguinte páxina:

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/40089

CHARLA ALAR: PREVENCIÓN DO SUICIDIO

 

O venres pasado ALAR visitounos para ofrecer unha charla sobre o suicidio ao alumnado de 4°ESO e 1° CFPB.

O primeiro que se deixou claro é que unha persoa se suicida non porque non quera vivir, senon porque quere deixar de sufrir. 

Falamos do que pode desencadenar que unha persoa poida acabar coa súa vida. Tres son as causas principais na adolescencia: vivir situacións de violencia no ámbito familiar, as condutas adictivas e o bulling.

Detallamos algúns comportamentos tanto verbais como condutuais que poden observarse cando unha persoa ten conduta suicida. Ás veces un comportamento agresivo, de aillamento, sinais de despedida e outros, poden alertarnos desta situación polo que debemos estar atentos e interpretar ben o que a persoa está vivindo.

Descubrimos tamén que Lugo é a provincia con índices de suicidio máis altos de todo o territorio nacional. Vimos tamén que a situación se dispara dende hai 5 anos, e que frente ao mito que di que é mellor non falar do tema, os datos indican que é importante facer prevención, algo que xa estamos a facer.

Unha das cousas máis importantes para que a conduta suicidia non se produza é ofrecer axuda, unha actitude empática e de escoita. Nun 70% dos casos, descubrir o estado emocional da persoa e ofrecerlle atención e axuda evita que volva a intentalo. Vedes o importante que pode ser para unha persoa ser escoitada?

Se nalgún momento precisades axuda ou sabedes dalguén que a necesite, pasádevos por Orientación, non o dubidedes. Ademais da axuda que vos podamos ofrecer no centro, podemos activar intervención tanto no SERGAS como en ALAR.

Comparte a túa dor para que alguén poida axudarte.

                                  

Visita ao museo de historia natural

A visita ao museo da Sociedade Galega de Historia Natural de Ferrol foi o complemento para as clases de Bioloxía e Xeoloxía do alumnado de 1.º ESO. O percorrido guiado pola exposición permitiunos un achegamento ao rico patrimonio natural e a mellor celebración do Día do Medio Ambiente que se celebrou esta semana.

Andaina e ruta matemática na Baliza do Castelo da Palma

Na solleira mañá do venres 2 de xuño o alumnado de 1º ESO desprazouse á Baliza do Castelo da Palma para facer unha ruta matemática, utilizando a app Math City Map, na que precisaron tomar medidas e tirar do seu enxeño para descifrar os diferentes problemas formulados. Distribuíronse en grupos de tres e foron quen de ir superando tódolos retos que se lle puxeron por diante. A tarefa, deseñada en lingua inglesa, é parte das actividades que se propoñen para traballar no coñecemento dos faros da nosa contorna, dentro do Proxecto Faros (eTwinning) no que o Centro colabora con institutos de Portugal, Italia, Chipre e as nosas veciñas de Fene.

Amais, co percorrido de arredor de 5 Km, puidemos seguir dando pasos para acadar o Reto do Camiño Inglés e aproveitamos para identificar especies vexetais e animais e coñecer un poquiño mellor o noso patrimonio arquitectónico e paisaxístico.

Abofé que pagou a pena o esforzo!

 

 

     

Finalistas da XIII Incubadora de Sondaxes e Experimentos da SGAPEIO

O grupo de 1º ESO B composto por Yerai, Rebeca, Adriana e Pepe foi seleccionado para defender o seu traballo "Saberías diferenciar a intelixencia artificial da intelixencia natural?" na gran final que terá lugar na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela o vindeiro 9 de xuño. Optarán a ser campións autonómicos e representar a Galicia na final estatal de Zaragoza. 

Os proxectos de "Ortografía - Lectura" do grupo de 2º ESO B conformado por Mishelle, Anxo, Eva e Naim e "Reciclaxe no IES de Mugardos" de Alexander, Héctor e Jairo de 2º FPB tamén foron premiados con senllas mencións especiais.

Parabéns a todas e todos polo esforzo!

 

FINALISTAS E MENCIÓNS
XIII Concurso da Incubadora de Sondaxes e Experimentos

 

 

Visita ao CIEC de Betanzos

Alumnado do Club de Lectura e mais de Debuxo Artístico I visitan o Centro Internacional da Estampa Contemporánea de Betanzos.

O galego dá moito xogo (Letras Galegas, 2023)

Actividade na que participou o alumnado de 6º de primaria do CEIP Apóstolo Santiago de Franza e mais do CEIP Unión Mugardesa, xunto co alumnado de 1º e 2º da ESO do IES Mugardos. Os participantes, divididos en grupos, comezaron coa Carreira da Lingua na que obtiñan pistas para elaborar un cadro sobre Francisco Fernández del Riego. Logo os equipos participaron en distintos xogos.

Colaborou na organización o servizo municipal de deportes e o SNL da mancomunidade.

Participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar

 

PRAZO DE SOLICITUDES: Do 20 de maio ao 21 de xuño, incluídos

FONDO SOLIDARIO: 3.º e 4º. ESO

AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR: 1.º, 2.º, 3.º e 4.º ESO

  ORDE do 10 de maio de 2023 (DOG do 19 de maio)

Para presentación electrónica, entre nesta aplicación FONDOLIBROS coa Chave 365.

ou a través da sede electrónica da Xunta:

Procedemento ED330B

Para presentación presencial: utilice os Anexo I e Anexo II da Orde da convocatoria.

Máis información na sede electrónica da Xunta de Galicia: enlace

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO  (manuais en préstamo ao alumnado 3º e 4º de ESO)

Renda  per cápita inferior a 6000 € : Seis libros de texto.

Renda per cápita inferior a 10000 €: Catro libros de texto.

De haber existencias nos fondos dispoñiblesasignaránse ata agotar existencias.

AXUDAS PARA COMPRA DE MATERIAL ESCOLAR (1.º, 2.º, 3.º e 4º.ESO)

Renda  per cápita inferior a 6000 € : 240 €

Renda per cápita inferior a 10000 €: 160 €

-As contías calcularanse pola renda per cápita da unidade familiar NO EXERCICIO FISCAL 2021.

DOCUMENTACIÓN sobre a situación persoal, familiar e económica en 31 de decembro de 2021 (agás en caso de separación, divorcio ou casos de violencia de xénero posterior):

  • Anexo II
  • Copia do libro de familia onde figure o alumnado e os membros computables da unidade familiar.
  • En caso de separación ou divorcio, sentencia ou convenio regulador onde conste a atribución de custodia.
  • Certificado de discapacidade do alumnado ou membros da unidade familiar.
  • Outra documentación que xustifique as situación específicas alegadas.

As listaxes relacionadas con este procedemento publicaranse únicamente no taboeiro de anuncios no interior do recinto escolar.   

Graduación de bacharelato. Promoción 2021-2023

A tarde do venres,19 de maio, celebramos o acto de despedida da flamante promoción de bacharelato 2021-2023. Foi un acto emotivo para o alumnado

Parabéns ao novos bachareis que enfrontan unha nova etapa nas súas vidas. 

Grazas ao profesorado que os acompañou en toda a súa traxectoria escolar. 

Moi agredecidos ao Casino Mugardés que nos cedeu as súas instalación para compartirmos o acto cos familiares a achegados. 

Para todas as familias, o noso recoñecemento por confiarnos unha parte importante da educación dos seus fillos e fillas.

Adiante!!!

 

Recoñecemento 2.º reto do Camiño Inglés

Este xoves entregamos o recoñecemento aos participantes que superaron os segundos 50 km simbólicos do Camiño Inglés rexistrados na aplicación Strava. O acto consistiu na entrega de diplomas, medallas e trofeos. 

Parabéns aos participantes e animamos a toda a comunidade educativa a sumarse ao terceiro reto xa en marcha.

Distribuir contido

Distribuir

Distribuir contido