Visita aos centros integrados de Formación Profesional

Este xoves 7 de febreiro achegámonos a Vigo co alumnado de 3ºESO e unha parte de 4ºESO para visitar os Centros Integrados de Formación Profesional Paz Andrade e Manuel Antonio co obxectivo de que coñecesen a oferta de ciclos formativos da contorna e de que se achegasen aos diferentes talleres especializados. A visita estivo guiada pola orientadora e orientador de cada centro e contou cunha explicación por parte do alumando que se está formando neses ciclos.