Peche do primeiro trimestre e de 2018

O venres 21 de decembro pechamos o 1º trimestre do curso cunha xornada de actividades nas que se inclúen as finais dos torneos de tenis de mesa, futbito e xadrez; o xa tradicional concurso de cifras e letras; a entrega de premios e diplomas das diferentes actividades e, ás 12:50h, a entrega dos boletíns de notas da primeira avaliación. Os autobuses sairán ás 13:15h.
 
Ademais, dentro do programa de actividades, terá lugar entre as 10:15h e as 11:00h a segunda sesión da proposta "Divírtete coas matemáticas", que organiza o departamento de Matemáticas. Nesta ocasión a sesión estará dedicada á papiroflexia e consistirá nun obradoiro que lle permitira´aos participantes construír unha caixa ou un calendario dodecaédrico do 2019.