Inauguración do curso 2013-2014

Hoxe, o profesor Fernando Bartolomé Benito inaugurou o curso 2013-2014 cun entretido relatorio sobre Diego Sarmiento de Acuña, I Conde Gondomar. O profesor Fernando Bartolomé foi presentado polo vicedirector do centro D. Xoán Carlos Pombo.

A esta lección inaugural acudiu o alumnado de Bacharelato acompañado polas súas profesoras e profesores.